As obras foron adxudicadas a través dun contrato menor a Ogalia Contratas S.L. por un importe de 38.962,00 € máis IVE
Dende o punto de vista técnico é preferible a execución das dúas obras de forma simultánea

O concelleiro de Medio Ambiente, Álvaro Santos, visitaba esta mañá as obras de canalización de iluminación pública en Aviación Española, que contemplan exclusivamente a obra civil necesaria para realizar a canalización, coa reposición de pavimentos da gabia, que discorre por beirarrúa, sendo a rede de abastecemento de fibrocemento implica que esta execución de sustitución sería a primeira en toda a cidade.
O concelleiro explicou que “nese tramo de rúa a rede de abastecemento é de fibrocemento e tamén discorre por beirarrúa, en paralelo á canalización de iluminación prevista, polo que existe un risco importante de que coa execución das obras rompa ou sufra danos que poidan ocasionar roturas posteriores, pero dáse a circunstancia ademais que estaba previsto acometer a substitución da tubaxe de fibrocemento nesa rúa durante este exercicio económico, de modo que co fin de non demoler dúas veces a beirarrúa nun curto período de tempo, coas molestias e afeccións que iso conleva, exponse a execución das obras de renovación da tubaxe de abastecemento de forma simultánea, exclusivamente no tramo no que se vai a executar canalización de iluminación pública”.
As obras foron adxudicadas a través dun contrato menor a Ogalia Contratas S.L. por un importe de 38.962,00 € máis IVE. Dende o punto de vista técnico é preferible a execución das dúas obras de forma simultánea debido ás interferencias que hai entre ambas, os riscos de afeccións e roturas durante a fase de execución de, así como a adecuada reposición de pavimentos que no conxunto das dúas obras afecta a toda a beirarrúa.
Por outra banda o feito de que sexa unha única empresa a que execute a totalidade dos traballos supón tamén un aforro económico con respecto a que haxa dúas empresas traballando simultaneamente, pois os custos de implantación en obra, transporte de maquinaria, medios auxiliares, sinalización, proteccións colectivas, etc. son comúns para as dúas actuacións.
Audio
- O concelleiro de Medio Ambiente, Álvaro Santos, sobre o fibrocemento | Descargar mp3