Alumnado da Escola de Arte e Deseño Ramón Falcón mantén un encontro con Álvaro Ledesma tras visitar a súa obra escultórica no Vello Cárcere

O centro cultural recibe a visita de nenos e nenas do colexio Maristas de Lugo

Venres, 16 de marzo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Alumnado da Escola de Arte e Deseño Ramón Falcón mantén un encontro con Álvaro Ledesma tras visitar a súa obra escultórica no Vello Cárcere

O Vello Cárcere acolleu este venres dúas visitas de distintos centros educativos. Por unha banda, alumnado da Escola de Arte e Deseño Ramón Falcón, despois de admirar as coleccións Marionnettes e Retrospectiva, tiveron a oportunidade de manter un encontro co autor, o polifacético artista vasco Álvaro Ledesma.

Por outra banda, un grupo de nenos e nenas do colexio A Inmaculada, Maristas, fixo unha visita lúdica ás instalacións do centro cultural, na que se amosaron gratamente sorprendidos do contido das distintas exposicións que alberga.

Multimedia

  • Alumnado da Escola de Arte e Deseño Ramón Falcón mantén un encontro con Álvaro Ledesma tras visitar a súa obra escultórica no Vello Cárcere

Noticias relacionadas