A Alcaldesa súmase á conmemoración do Día Mundial do Párkinson

Lara Méndez achegouse á mesa de información que a Asociación Párkinson Lugo instalou na Praza Maior con motivo do día mundial desta enfermidade, que afecta a 160.000 persoas en España, sendo a segunda doenza máis prevalente no mundo, despois do alzhéimer

Luns, 11 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa súmase á conmemoración do Día Mundial do Párkinson

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, reiterou este luns o compromiso do Concello coas persoas máis vulnerables, asegurando que a entidade local seguirá traballando co tecido social para mellorar a calidade de vida dos seus membros e familias. Así o manifestou a rexedora tras achegarse á mesa de información que a Asociación Párkinson Lugo instalou na Praza Maior con motivo do día mundial desta enfermidade, que actualmente é a segunda doenza neurodexenerativa máis prevalente no mundo, despois do alzhéimer. En España afecta a 160.000 persoas.

Acompañada pola súa presidenta, Rosa Fariñas, Lara Méndez animou aos lucenses a participar na cuestación organizada por esta asociación, destacando o gran labor que realiza na cidade a favor dos doentes de párkinson e das súas familias.

O vindeiro martes, 19 de abril, ás 18:00 horas, o Centro de Convivencia Uxío Novoneyra acollerá unha charla informativa sobre o párkinson a cargo da doutora Ardura, neuróloga do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). 

Noticias relacionadas