
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu a recepción este venres, no Salón de Plenos do Concello, a 16 alumnos e alumnas que participan no intercambio entre o Centro Educativo Galén e o instituto francés Notre-Dame Des Missions da localidade Charenton-le-Pont, Francia. No encontro, no que tamén estiveron presentes profesoras do centro, a rexedora deu a benvida aos rapaces e rapazas participantes, momento que aproveitou para destacar a riqueza histórica e os encantos da cidade.
Os mozos e mozas de 4º curso da ESO estarán ata o vindeiro mércores en Lugo, coñecendo en profundidade a historia lucense, a través da visita aos diferentes centros culturais que ofrece Lugo e mellorando así o idioma. A Alcaldesa subliñou a importancia de realizar dende os centros educativos, este tipo de actividades que dota aos alumnos e alumnas participantes dunha experiencia única.