A Alcaldesa participa nos actos con motivo do X aniversario da Casa da Xuventude

Lara Méndez felicitou ao centro por este "decimo aniversario" e trasladoulle a noraboa a todos os traballadores "por colaborar no extraordinario traballo de asesoramento da nosa mocidade".

A concellería de Xuventude, concentrou as distintas actividades nos días 9,10 e 11 de abril, que combinará actos presenciais, online e o uso das redes sociais.

A nova imaxe da casa da Xuventude incorporou un graffiti na fachada, realizado por Diego AS, campión de España de grafite.

Venres, 09 de abril de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa participa nos actos con motivo do X aniversario da Casa da Xuventude

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o Voceiro Municipal, Miguel Fernández e a Concelleira de Muller Igualdade e Xuventude, Ana G. Abelleira, participaron nos actos de celebración do X aniversario da Casa da Xuventude, a rexedora felicitou ao centro por este "decimo aniversario" e trasladoulle a noraboa a todos os traballadores "por colaborar no extraordinario traballo de asesoramento da nosa mocidade".

As actividades previstas comezaron este venres 9 de abril ás 18.00 horas, cun acto institucional no cal se descubriu a nova imaxe da casa da Xuventude que incorporou un novo graffiti na fachada, realizado por Diego AS, campión de España de grafite con axuda de Manuel e Marcos de Concepto Circo. "Cremos na nosa mocidade, e nos seus valores e posibilidades. Temos que colaborar para que poidan demostrarllo ao resto do mundo e este espazo está pensado por e pala eles” sinalou Méndez.

Os actos deste aniversario continuaron cunha gravación dun baile a través de Tik Tok no cal participou a alcaldesa. As autoridades tamén visitaron a partir das 19.00h a exposición da fotógrafa Adra Pallón. Baixo o título ‘A crise industrial’, mostra que recolle unha reportaxe sobre a loita dos e das traballadoras en Galicia, destacando a reivindicación de Alcoa por manter os seus postos de traballo.

E xa para finalizar ás 19.30 horas presentarase o ‘Dicionario galego para boomers’, elaborado polo alumando de 1º da ESO do instituto lugués Leira Pulpeiro. As e os creadores, que recollen neste traballo definicións de conceptos empregados no día a día polas mozas e mozos, serán os encargados de presentar a iniciativa xunto coas súas mestras, e prometen algunha sorpresa.

Sábado, 10 de abril

Ás 11.00 horas, Julen Bollain ofrecerá presentará vía online o libro ‘Hoy es mañana’, un ensaio para a mocidade, no que participan 10 mozas e mozos profesionais de distintas materias e que aborda a necesidade de repensar o futuro e decidir de forma colectiva o mundo postpandemia que se desexa.

Ás 12.00 horas comezará unha ruta sobre a Arte Urbana en Lugo, da man do guía Guido Álvarez. O punto de partida e de chegada é a Casa da Xuventude e é preciso inscribirse en xuventudelugo.gal. O número de participantes determinarase seguindo as indicacións sanitarias.

Pola tarde, dende as 17.00 horas, o protagonista será o RAP co obxecto de promover o talento musical da mocidade luguesa neste xénero.

Domingo, 11 abril

Ás 11.00 horas presentarase vía online o libro ‘Tú no eres tu selfie: 9 secretos digitales que todo el mundo vive y nadie explica’, da autora Liliana Arroyo.

Ás 12.00 horas, a mocidade poderá participar na ruta ‘O Lugo da Xuventude’, dirixida por Guido Álvarez. As inscricións pódense realizar en xuventudelugo.gal

Pola tarde, o Concello programou Faladoiros de Xuventude Activa, a partir das 17:00 horas, onde se quere dar voz á mocidade e as súas inquietudes.

Neles participarán

  • Ruben Hamade Longarela e Gael Zarza Arias, de Gravitty Lugo
  • Nacho Ozores Mosquera, director e editor, que  presenta o seu corto Mentras isto pasa, nominado aos Mestre Mateo
  • Cintia Folgueira Cobos, investigadora postdoctoral no Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares (CNIC)
  • Paula Rodríguez Villamayor, premio Talento Mozo de Galicia, na modalidade de Rural
  • Héctor Castiñeira, coñecido como Enfermera Saturada
  • Diego AS, grafiteiro lucense, semifinalista da Liga Nacional de Graffiti
  • Talía Rodríguez, gañadora do 1º premio do certame #LugoEnIgualdade
  • Mº Isabel Casanova, a protagonista do vídeo premiado
  • Alumnado de 1º da ESO do IES Ánxel Fole, gañadores do 2º premio do certame #LugoEnIgualdade

O broche de ouro porao o grupo de indie-rock Forget La France. A entrada, salvo para determinadas actividades,  é libre e gratuíta ata completar o aforo, que poderá variar segundo as restricións sanitarias do momento.

Maratón fotográfico en Instagram

Coincidindo coa celebración dos actos conmemorativos do 10º aniversario, Xuventude convoca  un maratón fotográfico, para premiar a creatividade e técnica da mocidade. Poden presentarse mozos e mozas de 14 a 35 anos, empadroados no Concello de Lugo, ou que traballen ou estuden no municipio, que teñan unha conta de Instagram pública. Tamén deberán seguir a conta de Xuventude en Instagram: @XUVENTUDE_LUGO. As e os menores de 18 anos precisarán permiso dos pais, nais ou titores/as.

As imaxes deberán realizarse durante a celebración das distintas actividades que compoñen a programación de dito aniversario. Estas fotografías non poden ser retocadas nin manipuladas en ningún dispositivo externo á cámara ou dispositivo móbil coa que se realice. Cada persoa participante deberá subir ao Instagram unha única fotografía co cancelo #XuventudeActiva. Deberase mencionar no título a @XUVENTUDE_LUGO.

As persoas interesadas deberán realizar a inscrición na páxina web de xuventude, www.xuventudelugo.gal, dende o día da presentación das bases ata o día anterior ao inicio do maratón.

O xurado calificador estará composto por profesionais do sector da fotografía que premiarán a creatividade, a orixinalidade e a calidade fotográfica. A selección das fotografías gañadoras será decisión absoluta do xurado e o seu veredicto, definitivo.

Establécese un único premio dunha fin de semana para dúas persoas nas Cabanas da Chousa, no Veral (Lugo).

Noticias relacionadas