A Alcaldesa participa na colecta de fondos da AECC para investigación

Xoves, 07 de xuño de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa participa na colecta de fondos da AECC para investigación

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, sumáronse este xoves á campaña de colecta organizada pola Asociación Española Contra o Cancro (AECC), un colectivo que en Lugo preside Luz Abella. A entidade, que instalou esta mañá unha mesa na Praza Maior, diante da casa consistorial, contou coa colaboración dunhas 250 persoas para pedir con huchas axuda económica. A rexedora manifestou a súa satisfacción por colaborar con esta iniciativa, destinada a reunir fondos para a investigación, labor grazas á que aumenta a supervivencia e a calidade de vida dos doentes.

Lara Méndez puxo en valor a actividade que desenvolve a AECC en Lugo, que cumpre este ano o seu 60 aniversario, unha labor “imprescindible para as persoas que sofren cancro e un apoio fundamental para os seus familiares”.

Noticias relacionadas