A Alcaldesa mantén unha xuntanza co presidente da Real Academia Galega

Mércores, 06 de xuño de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa mantén unha xuntanza co presidente da Real Academia Galega

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este mércores ao presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes. Na xuntanza, os representantes de ambas as institucións estudaron posibles fórmulas de colaboración entre o Concello e a Academia.

No encontro, no que tamén participou o secretario da RAG, Henrique Monteagudo, a rexedora e os representantes da Academia coincidiron á hora de manifestar a súa preocupación pola transmisión interxeracional da lingua galega e o interese de impulsar accións de promoción do idioma.

Noticias relacionadas