A alcaldesa interésase polo reto da conectividade do rural na recepción á nova directiva do Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia

Paula Alvarellos falou cos integrantes do COET das metas da profesión, como eliminar a fenda dixital; estender a fibra óptica e o 5G; e mellorar a conexión por satélite e internet.

Xoves, 06 de febreiro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa interésase polo reto da conectividade do rural na recepción á nova directiva do Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu a varios dos integrantes da nova xunta directiva do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, COET, e se interesou de xeito especial polo importante reto de mellorar a conectividade da zona rural galega ao que se enfronta este colectivo profesional, nunha comunidade caracterizada pola dispersión xeográfica dos seus máis de trinta mil núcleos rurais, aspecto que define claramente ao municipio de Lugo. Participaron neste encontro o decano do citado colexio e tamén presidente da Asociaciónde Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, AETG, Julio José Sánchez Agrelo; xunto á directora xeral do Colegio Oficial de Ingenieros de Telecomunicación, COIT, Esther Tapia Sanz; e o secretario técnico do citado colexio galego, Javier Fernández Fraga.

Ademais dos obxectivos sinalados, durante a reunión se abordaron outros aspectos relacionados coas novas tecnoloxías e o que estas proporcionan para a mellora da calidade de vida das persoas, como poden ser a eliminación da fenda dixital, levar a todos os lugares a fibra óptica, o 5G, a conexión por satélite e o internet das cousas. Paula Alvarellos falou do importante traballo que desenvolven estes profesionais para “conseguir esta conectividade, que contribúa a abrir novas oportunidades económicas e sociais nestes núcleos rurais, ao igual que ocorre nas zonas rurais do municipio de Lugo”.

Multimedia

  • A alcaldesa interésase polo reto da conectividade do rural na recepción á nova directiva do Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia

Noticias relacionadas