
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez asistía esta mañá no Círculo das Artes, á 8º edición dos premios da Confederación Galega de Asociacións Veciñais (CoGAVe). A rexedora, destacou durante o acto “o papel do movemento asociativo veciñal, un mecanismo imprescindible e insubstituíble para o progreso social e para crear unha sociedade máis integradora e axustada á realidade”.
Méndez, subliñou que en Lugo “o movemento asociativo veciñal é moi activo, e que as súas iniciativas, ás que apoiamos decididamente dende o Concello, son capaces de conseguir avances sociais reais”, indicou.
No acto, a rexedora entregou os premios da Federación de Asociacións Veciñais de Lugo ‘Lucus Augusti’, a José Tomé Roca, presidente da Deputación Provincial de Lugo e a José Manuel Carballo Vázquez, coordinador das Plataformas da Federación de Asociacións Veciñais Lucus Augusti. Ademais dun dos dous recoñecementos a nivel Provincial, a Héctor Castiñeira López, enfermeiro lucense creador de ‘Enfermera saturada’.
A alcaldesa de Lugo, expresou o seu compromiso de “seguir contando e camiñando da man” do tecido asociativo lucense, e que o Concello de Lugo “sempre terá a porta aberta para a participación e para as melloras na cidade, sempre en beneficio dos veciños, que son aos que por riba de todo me debo”.
CoGAVe:
A Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” (CoGAVe) está integrada por sete federacións veciñais:
- Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana
- Federación de Asociacións Veciñais de Ferrol «Roí Xordo»
- Federación de Asociacións Veciñais de Lugo «Lucus Augusti»
- Federación de Asociacións Veciñais de Ourense «Limiar»
- Federación de Asociacións Veciñais «Castelao (Pontevedra)
- Federación de Asociacións Veciñais «Eduardo Chao» (Vigo)
- Federación Veciñal «O Facho» de Cangas do Morrazo
O obxectivo fundamental da CoGAVe é a defensa dos intereses das veciñas e dos veciños, e en especial os dos máis desfavorecidos no ámbito desta Confederación.