
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu ao Subdelegado de Defensa na provincia de Lugo, Fernando Brinquis Crespo e a Juan José Fernández Arrojo, quen asumirá ese cargo a partir do 16 de xullo.
Fernando Brinquis, chegaba a Lugo en setembro do 2019, procedente de Santander onde estivo ao mando da Comandancia Naval dende 2017. Con anterioridade tamén fora Comandante Naval de Gijón.
No encontro, a alcaldesa de Lugo despediu ao actual Subdelegado de Defensa na provincia de Lugo, agradecendo e poñendo en valor as labores levadas a cabo dende que estivo no cargo, e desexando todos os éxitos profesionais e persoais no seu novo destino. Tamén tivo palabras para Fernández Arrojo, ao que deu unha cálida benvida e destacou que a súa incorporación “de seguro redundará en beneficio de todos os lucenses e da sociedade en xeral”.