Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa despídese do Subdelegado de Defensa na provincia de Lugo, e recibe a Juan José Fernández quen asumirá o cargo o vindeiro 16 de xullo

A Alcaldesa despídese do Subdelegado de Defensa na provincia de Lugo, e recibe a Juan José Fernández quen asumirá o cargo o vindeiro 16 de xullo

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Emprego,
    • Recursos humanos
Mércores, 13 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa despídese do Subdelegado de Defensa na provincia de Lugo, e recibe a Juan José Fernández quen asumirá o cargo o vindeiro 16 de xullo

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu ao Subdelegado de Defensa na provincia de Lugo, Fernando Brinquis Crespo e a Juan José Fernández Arrojo, quen asumirá ese cargo a partir do 16 de xullo.

Fernando Brinquis, chegaba a Lugo en setembro do 2019, procedente de Santander onde estivo ao mando da Comandancia Naval dende 2017. Con anterioridade tamén fora Comandante Naval de Gijón.

No encontro, a alcaldesa de Lugo despediu ao actual Subdelegado de Defensa na provincia de Lugo, agradecendo e poñendo en valor as labores levadas a cabo dende que estivo no cargo, e desexando todos os éxitos profesionais e persoais no seu novo destino. Tamén tivo palabras para Fernández Arrojo, ao que deu unha cálida benvida e destacou que a súa incorporación “de seguro redundará en beneficio de todos os lucenses e da sociedade en xeral”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-despidese-do-subdelegado-de-defensa-na-provincia-de-lugo-e-recibe-juan-jose