A Alcaldesa continúa coas xuntanzas veciñais para recoller as súas suxestións e mellorar o transporte público de viaxeiros

Lara Méndez mantivo este mércores no Centro de Convivencia María Balteira o sétimo encontro con veciños

Todos os interesados en facer chegar as súas suxestións poden facelo a través de moveteporlugo@concellodelugo.org, www.lugo.gal, ou do Servizo de Atención Cidadá 010

Mércores, 11 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa continúa coas xuntanzas veciñais para recoller as súas suxestións e mellorar o transporte público de viaxeiros

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este mércores a sétima xuntanza aberta cos veciños e veciñas, co obxetivo de recoller as súas propostas e deseñar así o novo mapa de liñas de buses urbanos. Nesta ocasión, a reunión tivo lugar no Centro de Convivencia María Balteira, na Piringalla, a onde se achegaron unha vintena de persoas para facer as súas aportacións e recomendacións,  propostas que terá en conta o Concello para mellorar o transporte público de viaxeiros e adaptalo á realidade social e económica da cidade, para facelo máis accesible aos usuarios.

Na reunión, á que tamén asistiu o voceiro municipal, Miguel Fernández, e os Concelleiros de Benestar Social e Educación, Ana Abelleira e Manuel Núñez, os participantes fixeron fincapé en mellorar a puntualidade dos buses, así como no funcionamento de pantallas nas que indicar, en tempo real, os horarios.

Esta xuntanza enmárcanse dentro da campaña Móvete por Lugo, posta en marcha polo Concello para reorganizar de xeito global as liñas do bus urbano, aproveitando o novo contrato do transporte. Ademais desta ferramenta de participación, todos os interesados en facer as súas propostas poden facelo a través do correo electrónico creado especificamente para esta campaña: moveteporlugo@concellodelugo.org, ou ben a través de www.lugo.gal, ou do Servizo de Atención Cidadá 010.

Tras a reunión de hoxe na Piringalla, e logo de achegarse á Abella, á Milagrosa, á Residencia, ao Sagrado Corazón, Fontiñas e Fingoi, Lara Méndez achegarase ás Gándaras, así como á Ponte e ao Ceao. O Concello informará puntualmente de todas as reunións na web www.lugo.gal e nas redes sociais.

Noticias relacionadas