- Tema
Mércores, 05 de abril de 2017
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asistiu este mércores á entrega do premio MC Mutual Antonio Baró, á empresa luguesa Vrio Pack pola súa xestión en seguridade e saúde laboral. No acto, a rexedora, quen se amosou orgullosa de que este galardón recaese nunha empresa do municipio, felicitou a Vrio Pack por este recoñecemento, e máis cando a distinción é en materia de seguridade laboral e a prol do benestar dos seus traballadores e traballadoras.

