A Alcaldesa asiste á apertura da tenda de UPIM, a primeira desta franquicia italiana en España

Venres, 03 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, visitou este venres as novas instalacións da cadena italiana UPIM, que abriu hoxe as súas portas no Centro Comercial Abella apadriñadas polo cantante Carlos Baute. Trátase da primera tenda de roupa e de complementos de fogar que esta franquicia abre en España e que conta cuns 1.000 metros cadrados de superficie. A apertura deste establecemento en Lugo xera 12 postos de emprego directos e outros 20 indirectos.

Multimedia

Noticias relacionadas