Lara Méndez: “A través do movemento Localmente Lucense achegamos a todos os barrios propostas de rúa musicais, con xogos, monólogos e maxia para todas as idades”.
“O obxectivo é potenciar o consumo nos negocios de proximidade e crear relacións máis estreitas entre a veciñanza, que todos comezamos a valorar máis durante a pandemia”.
A programación manterase todo o verán, incluído o mes de setembro.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou hoxe o regreso dos Tardeos e Noiteos, “que este ano, a través do movemento Localmente Lucense, achegamos á totalidade dos barrios para enchelos de animación e actividades co fin de activar a economía local, sobre todo do comercio e a hostalaría, tan importante tras a pandemia”.
A rexedora lembrou que os Tardeos naceron o pasado ano para adiantar o horario das actividades de animación nas rúas en horario máis temperá, de 17.00 a 20.00 horas, pensando especialmente nos e nas máis pequenas. “Tiveron tanto éxito que este ano queremos aproveitar o verán e levalos de xuño a setembro a todos os barrios con xogos e outras accións pensadas para ese público infantil e familiar”, sostivo. Os Tardeos completaranse con concertos, monólogos e teatro que se desenvolverán nos Noiteos, de 22.00 ás 00.00 horas.
Méndez comentou que o obxectivo é atraer á cidadanía e que aproveiten para consumir nos barrios, potenciando así os negocios de proximidade, creando relacións máis estreitas entre a veciñanza, algo que todos botamos de menos e que comezamos a valorar máis que nunca durante a pandemia”.
O pistoletazo de saída deu comezo hoxe, cun Tardeo na Praza do Castiñeiro, cunha sesión de xogos para crianzas, que incluía un carriño musical e a actuación do DJ Popy García, mentres que os Noiteos iniciaron a súa tempada en Augas Férreas coa actuación musical de La Disquetera.
A alcaldesa, que estivo presente tanto no Tardeo, coma no Noiteo, fixo un chamamento ás e aos lucenses a participar “destas interesantes ofertas lúdicas para todas as idades, porque de nós depende tamén manter a vida dos barrios”.
Toda a Información puntual de actividades, que se desenvolve desde a concellería de Desenvolvemento Local e Emprego pódese consultar a través da seguinte ligazón: https://localmentelucense.gal/
Datas e ubicacións dos tardeos e noiteos no mes de xuño:
17 DE XUÑO DE 2022, VENRES:
17:00 – 20:00 h Tardeo (Praza O Castiñeiro)
- Carriño musical
- Xogando no barrio (xogos xigantes interxeracionais)
- DJ Popy García
22:00 – 00:00 h Noiteo (Praza Augas Férreas)
- La Disquetera (actuación musical)
18 DE XUÑO DE 2022, SÁBADO:
22:00 – 00:00 h Noiteo (Cruce Calzada As Gándaras)
- Lois Pérez (monologuista)
20 DE XUÑO DE 2022, LUNS:
17:00 – 20:00 h Tardeo (Praza Augas Férreas)
- Carriño musical
- A feira no teu barrio (xogos xigantes interxeracionais)
- DJ Mr. Fishman
21 DE XUÑO DE 2022, MARTES:
22:00 – 00:00 h Noiteo (Praza Campo Castillo)
- Wicked World (actuación musical)
25 DE XUÑO DE 2022, SÁBADO:
22:00 – 00:00 h Noiteo (Praza Camiño Primitivo)
- ¿Pero cómo que señor? (actuación musical)
27 DE XUÑO DE 2022, LUNS:
22:00 – 00:00 h Noiteo (Praza Viana do Castelo)
- PerGuiZán (actuación musical)
29 DE XUÑO DE 2022, MÉRCORES:
22:00 – 00:00 Noiteo (Praza da Milagrosa)
- Muller (actuación musical co dueto con ollada feminina con Noelia Geada e David Taboada)
30 DE XUÑO DE 2022, XOVES:
17:00 – 20:00 h Tardeo (Praza do Camiño Primitivo)
- Carriño musical
- Spiribol Challenge
- DJ Kron
22:00 – 00:00 Noiteo (Praza da Soedade)
- Mago Rafa (actuación de maxia)