A agrupación grancanaria Los Gofiones celebra o seu 50 aniversario nas festas de San Froilán

Xoves, 04 de outubro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A agrupación grancanaria Los Gofiones celebra o seu 50 aniversario nas festas de San Froilán

Os 40 compoñentes da agrupación musical Los Gofiones de Gran Canaria foron recibidos este xoves pola Alcaldesa, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, no salón de plenos do Concello con motivo do 50 aniversario da creación do grupo, que viaxou a Lugo para actuar hoxe, na xornada de inaugural das festas de San Froilán. No acto estivo tamén Nora Real, expresidenta da asociación de autónomas de Lugo e declarada seguidora desta agrupación, que xa tocou nas patronais lucenses no ano 2012. No seu medio século de traxectoria, Los Gofiones acumula a edición de 22 discos propios, a colaboración en 18 álbumes, máis de 1.000 concertos en España, Portugal e América e a colaboración con artistas e grupos como Silvio Rodríguez, Milladoiro, Los Panchos, Tamara ou Lucrecia, entre outros.

Noticias relacionadas