- Tema

O Alcalde e a Concelleira de Economía participaron na inauguración da mostra que se pode ver en pasará por 23 cidades de Galicia, Castela-León e Asturias
O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, participaron esta tarde na inauguración da exposición itinerante “Billetes tridimensionais. Arte numismática sen barreiras”, organizada polo BBVA.
A mostra consta de reproducións de billetes antigos procedentes da colección do BBVA a gran formato e feitas en relevo para facelas accesibles a persoas con discapacidade visual.
A exposición pecha en Lugo o seu periplo por Galicia e despois pasará polas comunidades autónomas de Castela-León e Asturias ata facer un total de 23 cidades que compoñen o percorrido previsto.
En Lugo pódese visitar dende hoxe ata o día 21 de maio na oficina que ten a entidade bancaria na rúa da Raíña.