Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Ábrese en Lugo a exposición itinerante do BBVA "Billetes tridimensionais. Arte numismática sen barreiras"

Ábrese en Lugo a exposición itinerante do BBVA "Billetes tridimensionais. Arte numismática sen barreiras"

  • Tema
    • Economía
Xoves, 10 de maio de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde e a Concelleira de Economía participaron na inauguración da mostra que se pode ver en pasará por 23 cidades de Galicia, Castela-León e Asturias

O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, participaron esta tarde na inauguración da exposición itinerante “Billetes tridimensionais. Arte numismática sen barreiras”, organizada polo BBVA.

A mostra consta de reproducións de billetes antigos procedentes da colección do BBVA a gran formato e feitas en relevo para facelas accesibles a persoas con discapacidade visual.

A exposición pecha en Lugo o seu periplo por Galicia e despois pasará polas comunidades autónomas de Castela-León e Asturias ata facer un total de 23 cidades que compoñen o percorrido previsto.

En Lugo pódese visitar dende hoxe ata o día 21 de maio na oficina que ten a entidade bancaria na rúa da Raíña.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/abrese-en-lugo-exposicion-itinerante-do-bbva-billetes-tridimensionais-arte-numismatica-sen