Lugo inaugura o seu Nadal co acendido do alumeado

As luces acendéronse nun acto presidido pola Alcaldesa, cun solicitado photocall, a maxia do Mago Rafa e as actuacións de Edgar Bao e a Escola Municipal de Música

Venres, 01 de decembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
P1030325

Lugo inaugurou esta tarde o seu Nadal co acendido do alumeado. A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este venres o acto de acendido, no que tamén participou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, así como outros membros da Corporación Municipal e o Presidente da Deputación, Darío Campos, entre outras autoridades.

Numerosas persoas asistiron a este acto na Praza Maior, onde o Concello instalou un photocall, para que os asistentes puideran inmortalizar o momento. Tamén houbo un reparto de globos para os nenos e nenas.

O espíritu navideño chegou da man do Mago Rafa, encargado de acender as luces nunha ateigada praza, onde tamén actuou o lugés Edgar Bao e a Escola Municipal de Música. Ao rematar, repartíronse batidos de chocolate sen gluten entre os máis pequenos, cedidos por Puleva.

O alumeado estará aceso durante máis dun mes, ata o 6 de xaneiro. Están colocados 153 arcos e 7 letreiros en 43 puntos da cidade: Praza Maior, Campo Castelo, rúa San Pedro, Progreso, Xoán Montes, da Raíña, das Noreas, do Teatro, Clérigos, San Froilán, Amor Meilán, Montevideo, Bolaño Ribadeneira, da Cruz, Praza do Campo, rúa Bispo Basulto, da Catedral, do Miño, Doutor Castro, Conde Pallares, praza de Santo Domingo, Soidade, rúa Bispo Aguirre, Rúa Nova, Montero Ríos, San Marcos, Mártires de Carral, Concepción Arenal, Avenida da Coruña, Camiño Real, Mallorca, Quiroga Ballesteros, Ronda das Fontiñas, San Roque, Carril das Flores, confluencia de Recatelo, Carril dos Loureiros e Isaac Díaz Pardo, Parque da Milagrosa, confluencia da Avenida da Coruña con Paulo Fabio Máximo, Fonte dos Ranchos, confluencia de San Roque e avenida de Madrid, rúa Adolfo Suárez e Ponte Romana. Disponse demais o recubrimento das árbores da Praza Maior nos troncos e ramas máis importantes con cordóns led ou fíos luminosos, un deseño específico de cubrición da fachada da Casa Consistorial mediante o emprego de cortinas, cordóns e outros elementos formando unha estrutura luminosa, un abeto artificial luminoso cunha altura mínima de 15 metros fronte ao Concello e a conexión da iluminación do quiosco, así como o recubrimento mediante cordóns led ou fío luminoso dun número suficientemente representativo de árbores existentes na Ronda das Fontiñas, no tramo comprendido entre o carril das Flores e o Carril do Xuízo, de xeito que forme un deseño conxunto, harmónico e continuo.

Multimedia

  • DSC_0468
  • P1030317

Noticias relacionadas