O taller celebrarase no Mercado Municipal, entre as 18:00 e as 20:00 horas. Poderán participar uns 100 nenos e nenas de entre 5 e 12 anos, previa inscrición no 010
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, organiza para este sábado, 28 de outubro, un obradoiro de baleirado de cabazas para conmemorar o Samaín. O taller, dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos, terá lugar entre as 18:00 e as 20:00 horas no Mercado Municipal.
Tal e como explicou a edil, poderán participar un 100 cativos e cativas, previa inscrición no Servizo de información cidadá 010.
Para Carmen Basadre, quen animou aos lucenses máis pequenos a participar nesta actividade que pretende manter viva unha tradición e recuperar unha festividade nacida no pobo castrexo; este taller constitúe unha forma de ocupar o tempo de lecer dos nenos e nenas lembrando costumes ancestrais.
Audio
- Carmen Basadre, sobre o Samaín | Descargar mp3