Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello festexará o Samaín este sábado cun obradoiro de baleirado de cabazas

O Concello festexará o Samaín este sábado cun obradoiro de baleirado de cabazas

O taller celebrarase no Mercado Municipal, entre as 18:00 e as 20:00 horas. Poderán participar uns 100 nenos e nenas de entre 5 e 12 anos, previa inscrición no 010

  • Tema
    • Infancia,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural
Martes, 24 de outubro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello festexará o Samaín este sábado cun obradoiro de baleirado de cabazas

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, organiza para este sábado, 28 de outubro, un obradoiro de baleirado de cabazas para conmemorar o Samaín. O taller, dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos, terá lugar entre as 18:00 e as 20:00 horas no Mercado Municipal.

Tal e como explicou a edil, poderán participar un 100 cativos e cativas, previa inscrición no Servizo de información cidadá 010.

Para Carmen Basadre, quen animou aos lucenses máis pequenos a participar nesta actividade que pretende manter viva unha tradición e recuperar unha festividade nacida no pobo castrexo; este taller constitúe unha forma de ocupar o tempo de lecer dos nenos e nenas lembrando costumes ancestrais.

Audio

  • Carmen Basadre, sobre o Samaín | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-festexara-o-samain-este-sabado-cun-obradoiro-de-baleirado-de-cabazas

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/241017_basadre-samain.mp3