Rubén Arroxo mantén o primeiro encontro veciñal que permitirá elaborar o novo modelo de transporte público da cidade

Na xornada de hoxe, o Tenente Alcalde mantivo un encontro no centro de convivencia Maruxa Mallo.

Arroxo: "nos vindeiros días seguiremos a xuntarnos con veciñas e veicños para atender ás peticións que nos fagan e crear un modelo de transporte público adaptado á realidade da cidade".

Martes, 24 de febreiro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo mantén o primeiro encontro veciñal que permitirá elaborar o novo modelo de transporte público da cidade

O Centro de Convivencia Maruxa Mallo acolleu esta tarde a primeira das xuntanzas organizadas pola Tenencia de Alcaldía para "recoller as propostas da veciñanza para elaborar un novo modelo de transporte público que atenda á realidade das necesidades de Lugo", explicou Rubén Arroxo. A tenencia de Alcaldía manterá outras catro xuntanzas entre o 25 de febreiro e o 3 de marzo nos distintos barrios da cidade, e habilitouse o correo mobilidade@lugo.gal "para recibir as suxerencias de toda a veciñanza que non se poida achegar ás xuntanzas", que estará aberto ata o 15 de marzo.

A Tenencia de Alcaldía seguirá traballando "para que o bus urbano siga incrementando de usuarios, no ano 2025 superouse por primeira vez a cifra de 10.000 usuarios nun día, e queremos normalizar esa cifra de forma diaria". Para isto, a Tenencia de Alcaldía traballará en "dar boa conexións aos barrios, ademáis de conexións sinxelas, garantindo a frecuencia dos 30 minutos e reducindo a frecuecia nos eixos principais da cidade, que agora mesmo está en 12 minutos"

Rubén Arroxo explicou que "o novo contrato vai ter a posibilidade dun incremento de quilometraxe posterior, sendo conscientes de que durante os vindeiros anos a cidade seguirá a cambiar". Segundo Arroxo, a posibilidade de ampliación está lista para responder "a que nun futuro se empece a edificar en novas zonas da ciade e sexa necesario atender con buses a estas novas vivendas".

Multimedia

  • Rubén Arroxo mantén o primeiro encontro veciñal que permitirá elaborar o novo modelo de transporte público da cidade

Noticias relacionadas