En xullo de 2024, a afluencia incrementouse ata as 13.100 persoas, un crecemento significativo respecto ás 8.487 do ano pasado, mentres que en agosto rexistráronse 8.215 entradas, superando as 8.103 do 2023.
“Estas cifras demostran a alta demanda por parte da veciñanza de espazos de lecer como Frigsa, que se consolidan como elementos clave para a calidade de vida en Lugo”, destacou Jorge Bustos.

As piscinas exteriores de Frigsa pecharon a súa tempada estival o pasado 31 de agosto cun total de 21.315 usuarios, un aumento do 30% en comparación co verán de 2023, cando se rexistraron 16.590 usos entre xullo e agosto. Este incremento subliña a importancia crecente destas instalacións para a veciñanza de Lugo, especialmente durante os meses de verán.
En xullo de 2024, Frigsa acolleu a 13.100 persoas, un notable incremento en comparación coas 8.487 de xullo de 2023. Este crecemento está directamente relacionado coa maior participación de Grupos Organizados e Campamentos, que continúan elixindo Frigsa como o lugar idóneo para as súas actividades estivais. No mes de agosto, a afluencia mantívose sólida, con 8.215 entradas, lixeiramente superior ás 8.103 rexistradas en agosto do ano pasado.
O Executivo de Paula Alvarellos mantivo a súa política de prezos conxelados para entradas e abonos, asegurando que estas instalacións continúen sendo accesibles para toda a cidadanía. “A alta demanda destes espazos reflicte a necesidade de continuar mellorando e promovendo instalacións públicas de calidade, que contribúan ao benestar e á cohesión social en Lugo”, subliñou Jorge Bustos.
Paralelamente, o Goberno local materializou unha das demandas máis esperadas pola veciñanza ao instalar unha rampla de acceso ao río Miño, que estará operativa ata o próximo 15 de setembro. A instalación desta pasarela supón un novo avance na dotación de espazos de lecer para os lucenses, permitindo o acceso seguro ao río nunha das contornas con maior valor medioambiental. “Este incremento de usuarios non só reafirma o éxito de Frigsa, senón que tamén subliña a urxencia e a necesidade de contar con zonas de baño adicionais, como a recentemente instalada rampla ao Miño, para dar resposta á crecente demanda da veciñanza,” indicou Jorge Bustos. “A pesar das trabas impostas polo Goberno autonómico, esta rampla é unha realidade que responde ao forte compromiso do Executivo local coa creación de espazos accesibles e seguros para o desfrute de todos os cidadáns,” engadiu.
A concelleiro insistiu en que “os impedimentos non poden frear as reivindicacións das e dos lucenses, e seguiremos traballando para conseguir a creación dunha praia fluvial estable na cidade.” A zona onde se instalou a rampla conta con vestiarios, aseos, parque infantil, hamacas, mobiliario urbano e servizo de socorristas, en horario de 12.00 a 20.00 horas, todos os días da semana, facendo desta un novo punto de referencia para o disfrute ao aire libre en Lugo.



