Actualidade

Ex., 25-04-2026
Ex., 25-04-2026
Venres, 19 de setembro de 2025
O alcalde destaca o valor do arte urbano como ferramenta de intervención na paisaxe lucense na súa visita á Praza do Castiñeiro

O artista Yoe33 executou o mural, comisariado por Concepto Circo e Diego As, nun proxecto moi participativo e que reflicte a poboación deste barrio lucense.

“O arte urbano é unha ferramenta fundamental para rexenerar a contorna pública da nosa cidade. Desde o noso goberno seguiremos promovendo este tipo de creación artísitica para embelecer os noso barrios”, sinalou o rexedor.

Lugo consolídase como unha das referencias europeas a través do programa Urban Cores, con máis dunha ducia de intervencións artísticas nos últimos anos, algunhas delas xa parte do patrimonio histórico artístico da cidade.

Venres, 19 de setembro de 2025
A Corporación Municipal de Lugo amosa a súa condena unánime ante o xenocidio do pobo palestino en Gaza

Representantes de todos os grupos políticos gardaron un minuto de silencio fronte á Casa Consistorial en repulsa polos ataques de Israel á poboación palestina, en memoria das máis de 60.000 vítimas e en sinal de compromiso coa defensa dos dereitos humanos.

Venres, 19 de setembro de 2025
O Concello cede gratuitamente as instalacións municipais a 18 escolas deportivas para a práctica doutras tantas disciplinas

As actividades desenvólvense nos polideportivos de Frigsa, do Palomar e no Daniel Cordido; na Casa do Deporte; na Piscina de As Pedreiras e no Pavillón dos Deportes.

Co emprego sen custo destas instalacións, o Goberno Local quere favorecer a marcha destas escolas; promover a actividade física entre a xente moza e apoiar ó deporte base.

O edil Jorge Bustos agarda que “a alta participación nestas escolas reflicte o interese da veciñanza nestas actividades e a boa sintonía entre o Concello e os clubs locais”.

Xoves, 18 de setembro de 2025
Máis de 40 establecementos de hostalería participarán no XX concurso de tapas de Lugo, organizado pola APEHL coa colaboración da área de turismo

O presidente da APEHL, Cheché Real, informou á edil de Cultura Maite Ferreiro dos avances na presente edición "do certame gastronómico máis importante de Lugo".

O concurso celebrarase entre o 7 e o 23 de novembro, e contará con sorteos para as persoas que degusten as distintas tapas participantes.

Xoves, 18 de setembro de 2025
O Concello de Lugo leva a súa campaña de prevención de adiccións ao Caudal Fest para concienciar sobre o consumo responsable

O programa +XTi instalará un stand no recinto con dinámicas interactivas para promover hábitos saudables entre a mocidade.

O festival, que reúne a milleiros de persoas cada ano, convértese nun escenario idóneo para achegar a prevención aos espazos de lecer xuvenil.

O edil de Xuventude, Jorge Bustos, destacou que “a mellor forma de chegar á mocidade é estar ao seu carón nos lugares que lles resultan atractivos, ofrecendo alternativas que combinan diversión e conciencia social”.

Xoves, 18 de setembro de 2025
O Concello ultima o acondicionamento do circuíto Jorge Prado para o Campionato de España de Motocross desta fin de semana

O alcalde e o edil de Deportes comprobaron a marcha dos traballos de posta a punto da instalación municipal, para acoller a proba nacional na que están inscritos 125 pilotos.

Miguel Fernández lembra que “esta infraestrutura non só acolle eventos deste nivel senón que fai promoción de Lugo como destino deportivo para a práctica do motocross”.

Jorge Bustos di que “o Goberno Local fixo un esforzo económico importante para apoiar esta proba, coa que seguimos a poñer en valor un dos grandes circuítos do país”.

Mércores, 17 de setembro de 2025
O alcalde pon en valor a integración da comunidade arxentina na vida social e cultural de Lugo na recepción á cónsul do país sudamericano

Miguel Fernández falou con Silvina Montenegro do colectivo de arxentinos que residen na cidade así como do importante labor de adaptación e socialización que desempeñan.

Martes, 16 de setembro de 2025
Maite Ferreiro e Iván Mouronte presentan o cartaz do San Froilán 2025

A obra de Iván Mouronte combina tradición, música e festa nunha celebración que ilumina o outono en Lugo con ollada tamén cara ao futuro.

A Tenencia de Alcaldía colaborou coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración para a elaboración do cartaz do San Froilán.

Ferreiro anunciou que o pregón será o 4 de outubro ás 12 da mañá "para dar comezo ás festas xa na mañá do sábado".

Martes, 16 de setembro de 2025
O alcalde salienta a historia da minería galega como parte do patrimonio lucense na apertura da mostra da Cámara Oficial Mineira de Galicia   Miguel Fernández visitou a exposición urbana que se inaugurou na Praza Maior, composta por varios paneis divulgativos, que repasan 2.500 anos dos “Tesouros da terra”.    O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, recibiu esta mañá no Concello de Lugo aos representantes da Cámara Oficial Mineira de Galicia, coa súa directora Arantxa Prado ao fronte, minutos antes da inaugura

Miguel Fernández visitou a exposición urbana que se inaugurou na Praza Maior, composta por varios paneis divulgativos, que repasan 2.500 anos dos “Tesouros da terra”.

Páxinas