Actualidade

Ex., 18-04-2026
Ex., 18-04-2026
Xoves, 06 de novembro de 2025
O Executivo de Miguel Fernández transforma a avenida de Madrid cunha obra de humización que inclué a plantación de máis dun centenar de árbores

A actuación mellorará a resiliencia urbana aportando espazos de sombra completando así un corredor arbóreo que percorre a trama urbana desde o cinto verde ata o Centro Histórico.

En total, plantaranse 114 árbores de gran porte que incluen exemplares como liquidámbares, arces ou acacias que se completan con máis de 500 m² de arbustos e cubresolos entre a Avenida Xosé Castiñeira e a rotonda da Filarmónica Lucense.

 “O obxectivo é potenciar dunha maneira extraordinaria o valor estético e ambiental dunha avenida emblemática, creando unha paisaxe urbana máis acolledora e sostible. Unha iniciativa única que reforza o noso proxecto de cidade”, sinalo o alcalde.

Mércores, 05 de novembro de 2025
Un total de 27 solicitudes de toda España optan ás primeiras residencias artísticas do Coliving municipal de O Carme

O xurado está a analizar todas as propostas presentadas, que engloban diferentes disciplinas creativas, para decidir o vindeiro día 13 polas tres que obterán a praza para desenvolver o seu proxecto.

O tribunal está integrado polo pintor e galerista, Jorge Espiral; a profesora da Escola de Artes Ramón Falcón Carmen Porteiro; a xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago e un técnico do CEI Nodus.

O edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, sinala que “co Coliving municipal apostamos polo emprendemento cultural de artistas noveis tanto de Lugo como de fóra”.

Mércores, 05 de novembro de 2025
Lugo revive o esplendor da súa historia coa Semana Internacional do Deporte Antigo

Máis de cincuenta deportistas e especialistas participarán en conferencias, exhibicións e competicións abertas ao público.

O Concello de Lugo, a través da Área de Xuventude e Deportes, organiza o evento xunto coa asociación Lucius Spiculus Divulgación.

“Lugo volve demostrar que sabe mirar ao pasado para construír futuro a través do deporte”, destacou o edil Jorge Bustos.

Martes, 04 de novembro de 2025
Iria Buide e Maite Ferreiro visitan ao Concerto Didáctico da Banda Municipal celebrado hoxe no Auditorio Gustavo Freire

Iria Buide destacou que esta programación "permite ás e aos estudantes coñecer á Banda municipal e os distintos instrumentos que conforman esta agrupación".

A Banda Municipal deu un concerto destinado a todos os centros de ensino.

Martes, 04 de novembro de 2025
Miguel Fernández reorganiza a estrutura do seu goberno tras a incorporación de María Reigosa co obxectivo de consolidar a terceira gran transformación do municipio

O alcalde aposta pola continuidade e a estabilidade do executivo, introducindo axustes para reforzar a eficacia e adaptar as responsabilidades ao perfil técnico de cada concelleiro.

A área de Cohesión Territorial dependerá da Alcaldía, con delegación na nova concelleira María Reigosa.

O novo decreto tamén implica a división da anterior Área de Xestión Integral de Recursos Internos, Urbanismo, Deportes e Xuventude, que se configura agora en dúas áreas diferenciadas xestionadas por Jorge Bustos e Ana González Abelleira.

Martes, 04 de novembro de 2025
Transición Ecolóxica organiza para o sábado un curso de iniciación á micoloxía no Impulso Verde e en bosques próximos á cidade

A iniciativa do Concello de Lugo, en colaboración coa Sociedade Micolóxica Lucus, é gratuíta, aínda que precisa de inscrición previa no 010 ata cubrir as 35 prazas dispoñibles.

A celebración desta actividade, dunhas tres horas e media de duración, pretende dinamizar e divulgar temas relacionados co medio ambiente no ámbito do noso territorio.

Luns, 03 de novembro de 2025
Tres residencias artísticas rematan esta semana con mostras abertas no MIHL

Jessica Castellón e Boris Orihuela, Jandross e o colectivo iXa estiveron investigando nas instalacións do Museo grazas á colaboración da Tenencia de Alcaldía co colectivo Glovo.

Maite Ferreiro: "O ciclo Atopémonos Bailando permite que moitas e moitos artistas emerxentes descubran as instalacións do MIHL e a calidade dos recintos culturais de Lugo".

Luns, 03 de novembro de 2025
A Corporación Local se suma á condena do crime machista dunha moza de 19 anos en Murcia, que eleva a 33 as mulleres asasinadas este ano

 Ante a Subdelegación do Goberno gardouse un minuto de silencio en recordo de Ainhoa, morta a mans da súa parella, un home de 27 anos detido horas despois do crime.

Luns, 03 de novembro de 2025
O Concello de Lugo celebrará este sábado o acto de distinción como fillos adoptivos da cidade de Xesús Alonso Montero e Rafael de Vega

O acto terá lugar ás 12.00 horas en O Vello Cárcere e contará coa presenza da Corporación municipal, representantes institucionais e familiares dos homenaxeados.

Xesús Alonso Montero acudirá acompañado da súa familia e recibirá a placa conmemorativa tras a lectura da súa semblanza por parte do poeta e profesor lucense Claudio Rodríguez Fer. A familia de Rafael de Vega estará tamén presente, coa lectura da súa semblanza e recollida da distinción a cargo dos seus netos.

“O compromiso coa educación e coa sanidade públicas que representan Alonso Montero e De Vega son un orgullo para Lugo e un exemplo para as novas xeracións”, salientou o alcalde, Miguel Fernández.

Venres, 31 de outubro de 2025
O Vello Carcere acolleu a proxeción ddun documental sobre o escritor ribadense "el Viejo Pancho"

Estivo presente o Consul de Uruguay xunto coa Concelleira de Cultura do Concello de Lugo e a Deputada de Cultura da Deputación.

Páxinas