Actualidade

Ex., 14-04-2026
Ex., 14-04-2026
Sábado, 08 de novembro de 2025
Outubro marca un novo récord no transporte público con 230.839 usuarios

Rubén Arroxo destacou que a área de Mobilidade seguirá "animando á veciñanza a utilizar o bus urbano nos seus desprazamentos".

Superouse novamente a maior marca de outubro, rexistrada en 2024, con 9.969 billetes expedidos máis.

Venres, 07 de novembro de 2025
Maite Ferreiro asiste ao inicio do XX Concurso de Tapas de Lugo celebrado no restaurante Paprica

Maite Ferreiro asiste ao inicio do XX Concurso de Tapas de Lugo celebrado no restaurante Paprica.

Maite Ferreiro: "O Concurso de Tapas é o certame culinario máis importante de Lugo".

As veciñas e veciños de Lugo poderán degustar e puntuar as tapas ata o vindeiro 23 de novembro.

Venres, 07 de novembro de 2025
O Concello de Lugo abre o prazo para solicitar as Bolsas Municipais ao Talento Deportivo 2025

A convocatoria conta cun orzamento de 26.000 euros para apoiar e recoñecer o esforzo da mocidade deportista lucense.

Poderán beneficiarse as persoas federadas nadas entre 2006 e 2011 que acrediten logros deportivos na tempada 2024.

O concelleiro de Deportes e Xuventude, Jorge Bustos, destacou que estas bolsas “apoian á mocidade que combina o deporte e a formación, e que é exemplo de superación para toda a sociedade”.

Venres, 07 de novembro de 2025
O Concello de Lugo renova a rede de saneamento e abastecemento na marxe dereita da rúa Pintor Pacios para mellorar a eficiencia do servizo e evitar filtracións

 A actuación, que ten un orzamento de máis de 64.000 euros e un prazo de execución de catro meses, inclúe a instalación dun novo colector de PVC e dunha nova rede de abastecemento de fundición con acometidas renovadas.

“Continuamos así co noso plan de renovación progresiva das redes hidráulicas, con obras que melloran o rendemento do sistema e reducen perdas de auga, filtracións e custos de mantemento”, detacou o rexedor.

Venres, 07 de novembro de 2025
O jazz da década dos 50 do grupo March Mallow abre o eido musical do programa do 25 aniversario da Muralla co patrocinio de Alcaldía

O concerto inclúese no XXXV Festival de Jazz, que nesta edición logra con esta formación francesa revivir a época dourada e render homenaxe a Nat King Cole e a Billie Holiday.

O alcalde de Lugo sinala que “decidimos o patrocinio deste grupo porque, ao igual que a Muralla, une excelencia, popularidade e calidade, ademais de compromiso social”.

Alberto Grandío, da asociación organizadora Escobijazz, destaca que “é un dos grupos que máis conecta coa xente, porque fan unha música que gusta a todo tipo de públicos”.

Xoves, 06 de novembro de 2025
O alcalde de Lugo preside o nomeamento de sete axentes que se suman desde hoxe ao corpo da Policía Local

Miguel Fernández, acompañado da edil de Cohesión territorial, destacou “o nivel de seguridade que distingue a Lugo, e que permite que sexa un lugar cómodo e tranquilo”.

Xoves, 06 de novembro de 2025
O Concello de Lugo continúa a promocionar a Vía Künig como medio para favorecer a posta en valor do percorrido máis largo de Europa, dentro das rutas dos Camiños de Santiago

O alcalde asinou un convenio cos concellos de As Nogais, Becerreá, Baralla e O Corgo, polos que tamén pasa esta ruta, para impulsar a súa divulgación e mantemento.

Trala sinatura do acordo, Miguel Fernández destacou “os recursos culturais, patrimoniais e naturais deste itinerario así como o labor desenvolvida pola Asociación Vía Künig”.

O acordo permitirá achegar durante este ano e o que vén un total de 30.000 euros, aportados entre estes cinco concellos, para recuperar, mellorar e impulsar esta ruta”.

Xoves, 06 de novembro de 2025
O Executivo de Miguel Fernández transforma a avenida de Madrid cunha obra de humización que inclué a plantación de máis dun centenar de árbores

A actuación mellorará a resiliencia urbana aportando espazos de sombra completando así un corredor arbóreo que percorre a trama urbana desde o cinto verde ata o Centro Histórico.

En total, plantaranse 114 árbores de gran porte que incluen exemplares como liquidámbares, arces ou acacias que se completan con máis de 500 m² de arbustos e cubresolos entre a Avenida Xosé Castiñeira e a rotonda da Filarmónica Lucense.

 “O obxectivo é potenciar dunha maneira extraordinaria o valor estético e ambiental dunha avenida emblemática, creando unha paisaxe urbana máis acolledora e sostible. Unha iniciativa única que reforza o noso proxecto de cidade”, sinalo o alcalde.

Mércores, 05 de novembro de 2025
Un total de 27 solicitudes de toda España optan ás primeiras residencias artísticas do Coliving municipal de O Carme

O xurado está a analizar todas as propostas presentadas, que engloban diferentes disciplinas creativas, para decidir o vindeiro día 13 polas tres que obterán a praza para desenvolver o seu proxecto.

O tribunal está integrado polo pintor e galerista, Jorge Espiral; a profesora da Escola de Artes Ramón Falcón Carmen Porteiro; a xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago e un técnico do CEI Nodus.

O edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, sinala que “co Coliving municipal apostamos polo emprendemento cultural de artistas noveis tanto de Lugo como de fóra”.

Mércores, 05 de novembro de 2025
Lugo revive o esplendor da súa historia coa Semana Internacional do Deporte Antigo

Máis de cincuenta deportistas e especialistas participarán en conferencias, exhibicións e competicións abertas ao público.

O Concello de Lugo, a través da Área de Xuventude e Deportes, organiza o evento xunto coa asociación Lucius Spiculus Divulgación.

“Lugo volve demostrar que sabe mirar ao pasado para construír futuro a través do deporte”, destacou o edil Jorge Bustos.

Páxinas