Actualidade

Ex., 14-04-2026
Ex., 14-04-2026
Mércores, 19 de novembro de 2025
O Concello de Lugo presenta o Club de Produto “Enogastronomía de Lugo”, unha iniciativa pioneira para situar á cidade como referente gastronómico nacional e internacional

“O noso obxectivo é colocar Lugo onde debe estar: na excelencia turística enogastronómica nacional e internacional. A gastronomía é cultura, tradición, emprego e economía, e con este proxecto estamos a construír un modelo turístico sostible que fortalece a nosa cidade”, indicou .

Outro dos indicadores do dinamismo urbanístico da cidade é a constitución de novas Xuntas de Compensación, instrumento esencial para a xestión do solo. Nos últimos meses, formalizouse a constitución das Xuntas dos sectores S-16R e S-5I.

“A planificación e a tramitación urbanística son ferramentas esenciais para garantir un desenvolvemento sostible e equilibrado, que combine o crecemento urbano coa calidade de vida da veciñanza e a protección do territorio”, subliñou Jorge Bustos.

Mércores, 19 de novembro de 2025
Miguel Fernández presenta o primeiro avance do cartel do Caudal Fest 2026, impulsado polo Concello de Lugo como referente musical do noroeste

 “Lugo leva anos demostrando que ten todo o necesario para consolidarse como un dos grandes referentes da música indie no noroeste peninsular. O éxito do Caudal Fest é a mellor proba de que a nosa cidade non só é patrimonio, historia e calidade de vida, senón tamén cultura contemporánea”., sinalou o alcalde.

 “Cada edición confirma que Lugo é capaz de atraer aos mellores artistas e a milleiros de persoas que veñen gozar dunha experiencia musical única nun entorno privilexiado”, engadiu o rexedor.

Os abonos para Caudal Fest 2026 poranse á venda o venres 21 de novembro ás 12:00 horas nos canais oficiais do festival.

Mércores, 19 de novembro de 2025
Infraestruturas elabora o plan de tráfico da marcha ciclista polo 25º aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade

O evento terá lugar o vindeiro domingo 30 de novembro pola mañá, e requerirá pechar o tráfico na contorna da Muralla para garantir a seguridade.

Os cortes sinalizaranse nos días previos ao evento.

Mércores, 19 de novembro de 2025
A Xunta de Goberno Local impulsa novas medidas en materia de persoal, urbanismo e conservación do patrimonio

“Os acordos aprobados hoxe reflicten o modelo de cidade polo que traballa este Goberno: un Lugo máis dinámico, con servizos públicos reforzados, con máis investimento e actividade económica e cun patrimonio coidado e protexido”, sinalou González Abelleira.

Estre oturas medidas aprobouse o nomeamento dun Director Xeral de Recursos Humanos, a licenza para a costrución dun novo edificio de vivendas na praza de Bretaña e a intervención de forma subsidaria no edificio da Avenida da Coruña, 24.

Tamén se aprobou a bonificación das taxas urbanísticas e do ICIO para as obras de conservación da Muralla Romana correspondentes ao período 2025/2026, promovidas pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Martes, 18 de novembro de 2025
O Goberno local presenta un completo programa de actos para o 25-N que pretende involucrar a toda a sociedade lucense

“O 25N obríganos a mirar de fronte unha realidade que segue sendo inaceptable. Cada día hai mulleres que sofren violencia polo simple feito de selo, e como administración pública temos a responsabilidade de actuar”, sinalou o rexedor.

“A violencia machista é unha lacra estrutural que non entende de fronteiras nin ideoloxías. Por iso é imprescindible a implicación de todas as administracións. Non abonda con declarar boas intencións: precisamos recursos”, sinalou Ángeles Novo.

O progama inclúe un campaña insitucional coa Muralla como protagonista, unha mostra de fotografía, un foro de debate, actividades nas ludotecas para nenos e nenas, música e un acto central completado con varias iniciativas impulsadas da man do tecido asociativo.

Luns, 17 de novembro de 2025
As obras de unión entre os paseos do Rato e do Miño entran na súa recta final e completarán o gran cinturón verde de Lugo

O alcalde, Miguel Fernández, e o presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, destacaron esta mañá nunha visita para supervisar o avance dos traballos a maginitude desta intervención.

“A obra está xa rematada a espensas de instalar as luminarias así como o mobiliraio público e de realizar o sementado con graminias nos 20.000 metros cadrados para o que é necesario agardar a ter unha climatoloxía favorable” sinalou o presidente da CHMS.

“Non se trata só de unha nova senda verde con máis de duas hectareas de natureza acondicionada para o seu aproveitamento: é un xeito de entender o modelo de cidade ao que aspiramos”, indicou o alcalde.

Domingo, 16 de novembro de 2025
Celebrouse a 4ª Xornada de Intercambio de Artigos Cervexeiros de Lugo no Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros

Cristina López visitou o encontro no que participaron preto de 20 expositores de todo o Estado e de Portugal.

Domingo, 16 de novembro de 2025

O Concello de Lugo xa informou da interrupción do subministro á residencia de maiores das Gándaras e o HULA, a partir das 07.00 da mañá, para que teñan preparados os seus depósitos.

O corte afectará ás zonas de Cima de Vila, A Campiña, A Fervedoira, Muxa e As Gándaras, e se agarda que o servizo quede reestablecido nesa mesma xornada.

As actuacións que se están a levar a cabo permitirán conectar a rede de abastecemento do parque empresarial coa tubaxe arterial municipal.

Venres, 14 de novembro de 2025
O Concello de Lugo consolida o avance da xestión urbanística e reforza o seu papel como motor de desenvolvemento económico da cidade

 Entre outros fitos, avanza a tramitación do proxecto de urbanización do Polígono único S-16R, actualmente en fase de avaliación ambiental e con informes sectoriais solicitados.

Outro dos indicadores do dinamismo urbanístico da cidade é a constitución de novas Xuntas de Compensación, instrumento esencial para a xestión do solo. Nos últimos meses, formalizouse a constitución das Xuntas dos sectores S-16R e S-5I.

“A planificación e a tramitación urbanística son ferramentas esenciais para garantir un desenvolvemento sostible e equilibrado, que combine o crecemento urbano coa calidade de vida da veciñanza e a protección do territorio”, subliñou Jorge Bustos.

Venres, 14 de novembro de 2025
A área de Cohesión Social desenvolverá un programa para avanzar nos dereitos aos servizos sociais da infancia e da adolescencia

A concelleira Olga López Racamonde explica que o Concello de Lugo contará cunha subvención estatal duns 27.000 euros para actualizar e ampliar a atención a estes grupos.

A edil participa en Madrid no XXXII Congreso Anual da AEDYGSS para “formarnos e ver diferentes estratexias doutros concellos que poderían implantarse no municipio de Lugo”.

López Racamonde cre que “cada vez vemos máis problemáticas que afectan a estes colectivos, de aí a importancia de coñecer experiencias para implementar a LOPIVI”.

Páxinas