A zona de lecer da Praza de Abastos continuará aberta até o Nadal

Dende o 28 de setembro, abrirá os sábados de 10:30 a 13:30

Dende a súa apertura, foi utilizada de media por 5 nenos e nenas cada día

Martes, 03 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A zona de lecer da Praza de Abastos continuará aberta até o Nadal

A edil de Participación e servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que tras a alta demanda da zona de lecer da Praza de Abastos durante o verán, desde o Concello se continuará a ofrecer esta instalación durante as mañás dos sábados “e así contribuír a dinamizar o centro e aumentar os servizos do Mercado Municipal e da Praza de Abastos”.

Durante o programa de verán, a zona de lecer foi utilizada de media por 5 nenas e nenos cada día, abrindo de luns a sábado. A partir do 28 de setembro, poderase utilizar durante os sábados até final de ano. Segundo Cristina López, “a partires dese momento, segundo a demanda, valorarase que a instalación siga aberta”. As inscricións continuarán a realizaranse de xeito presencial na zona de lecer, asinando a autorización que entregarán os monitores, e terá unha limitación de 12 persoas. O horario continuará a ser, coma nestes meses, de 10:30 a 13:30.

“Moitas nenas e nenos poderían desfrutar deste espazo infantil mentres os pais e nais fan as compras no casco histórico”, indicou Cristina López, e engadiu, “os sábados son días nos que hai actividade económica e permitirase a mellor conciliación da vida familiar coas compras e incluso co traballo dalgunhas persoas que traballan no centro e non teñen onde deixar ás crianzas durante a xornada laboral”.

Audio

  • A edil de Participación e servizos para a Veciñanza, Cristina López, sobre a zona de lecer da Praza de Abastos | Descargar mp3

Noticias relacionadas