Tamén se aprobaron tres licenzas para a construcións de catro naves industriais no Parque Empresarial de As Gándaras
- Tema

O Voceiro do Goberno Local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente en funcións, Luis Álvarez, deu conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá e no que destaca a concesión de licenza de obras para a restauración da Porta Miñá da Muralla.
Luis Álvarez explicou que a obra que conta cun presuposto de 173.261 euros faise dende a Dirección Xeral de Patrimonio e lembrou que “xa fai a frioleira de catro anos que ese cubo está con pavimento de madeira e cunha serie de deficiencias que provocou algún accidente”. Neste sentido explicou que as obras que se realizarán serán a de sustitución do pavimento de madeira que está sobre o recinto das escaleiras interiores do cubo por outro de aceiro inoxidable que permita velas e tamén se colocará novo pavimento e recuperarase o entorno do cubo.
Na Xunta de Goberno Local tamén se aprobou a licenza para a construción de catro naves industriais cun orzamento total de máis de 250.000 euros no Parque Empresarial de As Gándaras e “celebramos non só que se adquiran parcelas senón a construción de novas naves” segundo indicou Luis Álvarez.
Outro dos asuntos aprobados foi a solicitude de ampliación do prazo de execución das obras de rehabilitación da fase II do Vello Cárcere ata o 30 de xuño de 2015 ao estar xustificada pola demora que causaron a execución do canalón interior, as condicións climatolóxicas adversas e as cuestións administrativas referidas á paralización na primeira fase.
Audio
- Luis Álvarez sobre a restauración da Muralla | Descargar mp3