Volve a Lugo a Feira do Libro con 29 actividades a celebrar entre hoxe e o sábado 17

A feira comezou co pregón a cargo da escritora Cecilia F. Santomé.

12 librarías conforman a feira que permitirá ás lectoras desfrutar dun 10% de desconto en todas as compras.

Martes, 13 de maio de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Volve a Lugo a Feira do Libro con 29 actividades a celebrar entre hoxe e o sábado 17

A Praza Maior acolle un ano máis a Feira do Libro, que estará presente ata o vindeiro sábado e na que 12 librarías ofrecerán as súas obras nas casetas habilitadas. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, e a edil de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide participaron no acto de inauguración da Feira, que contou coa escritora Cecilia F. Santomé como pregoeira e coas intervencións da Presidenta da Agrupación Libreira de Lugo, Ana López e do Director Xeral de Cultura Anxo Lorenzo.

Maite Ferreiro destacou que "hoxe máis que nunca é preciso defender e utilizar a lingua galega, un dereito que as galegas e galegos temos recoñecido na Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos e na Carta Europea das Linguas".

A Feira do Libro contará con postos de venta de El Faro de Los Tres Mundos, Libraría Pedreira, Galgo Azul, Libraría Cartabón, Muralla de Cómics, La Voz de la Verdad, Libraría Aguirre, Astora Cómics, Tótem Comics, Libraría Trama, Libraría Agrasar, Libraría Biblos e co Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. Os postos estarán abertos en horario de mañá e tarde, de 11.30 a 14.00 horas e de 17.30 a 21.00 horas. Durante os 5 días, realizaranse preto de 30 actividades, incluíndo presentacións e sinaturas de libros, que se poden consultar na web da Federación de Librarías de Galiza.

Multimedia

  • Volve a Lugo a Feira do Libro con 29 actividades a celebrar entre hoxe e o sábado 17

Noticias relacionadas