Venres, 04 de maio de 2018
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o presidente de Lugo Monumental, Luis Latorre, inauguraron este venres o encontroVestimenta MMXVIII, unha alternativa máis para prepararse para o Arde Lvcvs. Trátase dunha cita que se desenvolverá hoxe e mañá en xornada de mañá e tarde nas instalacións de Ferretería Eventos e que inclúe tanto artesanía, moda e complementos inspirados na época imperial de Lucus Augusti. Conta con 11 postos: Dukaree, artesanía da cabaza, Experiencias do Destino, Xoiería Honorino Freire, Marga Portomeñe, Miluna, Muy Kuki Shop, Pandelandras, Shambala Terapias Naturais, Unha de Romanos, UnodMila e Qvod Fecit.