Veciños de Fingoi participaron nunha visita guiada o MIHL

Venres, 31 de xaneiro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Área de Animación Sociocultural, dependente da Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira, organizou este mércores unha visita guíada ó MIHL.

Nesta visita guíada ó MIHL participaron os asistentes ó obradoiro “Coñece Lugo” que se está a desenvolver no Centro de Convivencia Fingoi.

Ademais de coñecer o Museo, os participantes na visita tamén tiveron ocasión de contemplar as pezas que se exhiben dentro da exposición “Olería tradicional de España: Medidas do viño”.

A mostra, composta por un cento de pezas dunha colección de olería, algunha delas con varios séculos de antigüidade, perfectamente catalogadas e relacionadas principalmente coas medidas do viño, está instalada na sala de exposición temporal e pódese contemplar ata o día 15 de marzo.

Multimedia

Noticias relacionadas