Unha media de 200 persoas ao día acudiron ás piscinas municipais exteriores de Frigsa ao longo de xullo

O día de maior afluencia nestas instalacións municipais foi o mércores 12, con 691 persoas, seguido do mércores 26, con 572. O prezo é de 1 euro para rapaces e rapazas de ata 15 anos e de 2,20 para adultos

Venres, 04 de agosto de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Unha media de 200 persoas ao día acudiron ás piscinas municipais exteriores de Frigsa ao longo de xullo

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, deu a coñecer que "unha media de 200 persoas ao día acudiron ás piscinas municipais exteriores de Frigsa ao longo de xullo". Trátase duns bos datos de asistencia a estas instalacións municipais acuáticas a pesar de que as temperaturas do pasado mes de xullo flucturaran considerablemente, tal e como manifestou o edil, quen tamén subliñou que o día de maior afluencia nas piscinas descubertas foi o mércores 12, con 691 persoas, seguido do mércores 26, con 572.

En agosto permanecerá aberto este complexo de luns a venres, de 12:00 a 20:30 horas, e sábados e domingos, de 12:00 a 20:00 horas. O Concello mantén ao longo de todo o ano, tamén en verán, unha piscina climatizada aberta. En agosto a de Frigsa está pechada, xa que neste mes abren as piscinas das Pedreiras, con horario de luns a venres, de 08:00 a 14:30 e de 16:30 a 23:00 horas, e os sábados de 10:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas.

Os prezos establecidos para esta nova campaña de verán, e que se manteñen como nos últimos anos, sendo uns dos máis baratos de España, son de 1 euro a entrada e 10,80 euros o abono de 15 baños para os rapaces e rapazas de ata 15 anos. Para os adultos, de 16 anos en diante, a entrada terá un custo de 2,20 euros, o abono de 15 baños de 22,30 euros e o abono de 15 baños para pensionistas será de 11,10 euros. Os abonos familiares terán unha tarifa especial: 29,30 euros o de 15 baños e de 59,10 o de 30 baños.

Audio

  • O edil Miguel Fernández sobre o balance das piscinas | Descargar mp3

Noticias relacionadas