Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Unha media de 200 persoas ao día acudiron ás piscinas municipais exteriores de Frigsa ao longo de xullo

Unha media de 200 persoas ao día acudiron ás piscinas municipais exteriores de Frigsa ao longo de xullo

O día de maior afluencia nestas instalacións municipais foi o mércores 12, con 691 persoas, seguido do mércores 26, con 572. O prezo é de 1 euro para rapaces e rapazas de ata 15 anos e de 2,20 para adultos

  • Tema
    • Instalacións deportivas,
    • Natación
Venres, 04 de agosto de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Unha media de 200 persoas ao día acudiron ás piscinas municipais exteriores de Frigsa ao longo de xullo

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, deu a coñecer que "unha media de 200 persoas ao día acudiron ás piscinas municipais exteriores de Frigsa ao longo de xullo". Trátase duns bos datos de asistencia a estas instalacións municipais acuáticas a pesar de que as temperaturas do pasado mes de xullo flucturaran considerablemente, tal e como manifestou o edil, quen tamén subliñou que o día de maior afluencia nas piscinas descubertas foi o mércores 12, con 691 persoas, seguido do mércores 26, con 572.

En agosto permanecerá aberto este complexo de luns a venres, de 12:00 a 20:30 horas, e sábados e domingos, de 12:00 a 20:00 horas. O Concello mantén ao longo de todo o ano, tamén en verán, unha piscina climatizada aberta. En agosto a de Frigsa está pechada, xa que neste mes abren as piscinas das Pedreiras, con horario de luns a venres, de 08:00 a 14:30 e de 16:30 a 23:00 horas, e os sábados de 10:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas.

Os prezos establecidos para esta nova campaña de verán, e que se manteñen como nos últimos anos, sendo uns dos máis baratos de España, son de 1 euro a entrada e 10,80 euros o abono de 15 baños para os rapaces e rapazas de ata 15 anos. Para os adultos, de 16 anos en diante, a entrada terá un custo de 2,20 euros, o abono de 15 baños de 22,30 euros e o abono de 15 baños para pensionistas será de 11,10 euros. Os abonos familiares terán unha tarifa especial: 29,30 euros o de 15 baños e de 59,10 o de 30 baños.

Audio

  • O edil Miguel Fernández sobre o balance das piscinas | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/unha-media-de-200-persoas-ao-dia-acudiron-piscinas-municipais-exteriores-de-frigsa-ao-longo-de

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/040817_fernandez_balance_piscinas.mp3