Un ano do Vello Cárcere como espazo libre para a cidadanía

Lara Méndez presidiu os actos institucionais do primeiro aniversario deste centro sociocultural, que arrincaron co descubrimento dunha placa na honra ao arquitecto encargado de deseñar este edificio modelo, Nemesio Cobreros

Nun patio central ateigado, celebrouse un encontro co escritor Lorenzo Silva e o neto de Cobreros; que interviron sobre o libro de Silva, Recordarán tu nombre, que fai memoria a José Aranguren, fusilado por manterse fiel á República durante a Guerra Civil

Neste ano o Vello Cárcere converteuse nun referente social, cultural, de interacción e con conciencia social moi solicitado. En total, o centro, polo que pasaron unhas 100.000 persoas, acolleu máis de 250 actividades distintas

Mércores, 16 de maio de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Un ano do Vello Cárcere como espazo libre para a cidadanía

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este martes os actos institucionais, organizados polo Concello, para celebrar o primeiro aniversario do  Vello  Cárcre como centro sociocultural. Os actos, aos que tamén asisitiu a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, así como as edís de Economía e Benestar Social, Ana Prieto e Ana Abelleira, respectivamente; e o Vicepresidente da Deputación, Argelio Queipo; arrincaron na entrada principal do Vello Cárcere, co descubrimento dunha placa e dun cadro na honra a Nemesio Cobreros, arquitecto encargado de deseñar este edificio modelo.

Na inauguración do acto, a rexedora celebrou un ano da liberación do Vello Cárcere de Lugo e puxo en valor a memoria deste lugar, que non ten outro obxectivo que facer un recoñemento a este espazo, que foi capaz de pasar do oscurantismo da represión franquista e coerción carcelaria á liberdade de expresión, transformando a humillación que se levaba a cabo aquí neste patio, a un panóptico aberto á creatividade e orixinalidade.

E neste ano o Vello Cárcere ratificou a súa condición de espazo libre para a cidadanía. Exposicións, presentacións de libros, concertos, teatro, ciclos de cine, obradoiros, é dicir, un sinfín de máis de máis de 250 actividades distintas, coparon a vocación cultural e social deste centro, pola que pasaron unhas 100.000 persoas. Convertiuse, polo tanto, nun referente social, cultural, de interacción e con conciencia social; moi solicitado, tal  e como o definiu a rexedora.

Méndez reivindicou que non caia no esquecemento a forte carga histórica e sentimental deste lugar, "pois soamente así supliremos a débeda que Lugo tiña coas persoas que padeceron a represión e sufriron detrás portas deste patio no que nos atopamos", colocando ao Vello Cárcere como lugar de memorias, onde construir e reflexionar abertamente, que é a verdadeira esencia deste edificio que se sitúa no corazón da cidade.

Posteriormente, e xa nun patio central ateigado, tivo lugar un encontro co escritor Lorenzo Silva e o neto de Cobreros, José Antonio Cobreros Aranguren; que interviron sobre o libro de Silva, Recordarán tu nombre, que fai memoria ao ferrolá José Aranguren, fusilado por manterse fiel á República durante a Guerra Civil. Carmen Basadre foi a encargada da presentación dos poñentes, aos que agradeceu a súa colaboración para poder celebrar esta xornada de recoñecementos, falar de lembranzas e sacar á luz importantes persoeiros para Lugo.

Multimedia

  • Un ano do Vello Cárcere como espazo libre para a cidadanía
  • Un ano do Vello Cárcere como espazo libre para a cidadanía

Noticias relacionadas