O prazo de presentación dos traballos permanecerá aberto ata o 23 de xuño de 2021.
As fotos deben enviarse ao correo cidadanseuropeosengalicia2021@gmail.com dende onde serán subidas automaticamente á páxina de Facebook do concurso. Os gañadores serán publicados o 5 de xullo e recibirán unha tablet.

Últimos días para participar no VIII concurso de fotografía Cidadáns Europeos en Galicia: Miradas cara o futuro de Europa, convocado conxuntamente ca Deputación da Coruña, co obxectivo de que os participantes presenten obras que simbolicen a Europa que desexan para o futuro.
O concurso de fotografía, esta aberto a toda a cidadanía residente en Galicia maior de idade, terá lugar do 31 de maio ao 23 de xuño de 2021. O lema do nesta edición é “Miradas cara ao futuro de Europa”. Ca finalidade de que os participantes presenten obras que simbolicen a Europa que desexan para o futuro, unha ocasión perfecta de dicir en que tipo de Europa queres vivir e de axudar a configurar o noso futuro.
As obras poden versar sobre algunha das seguintes temáticas: cambio climático, economía circular, biodiversidade, contaminación 0, saúde, vida saudable. Toda obra debe incluír un signo representativo da Unión Europea e debe estar incluído o hashtag #CidadansEuropeosEnGalicia.
Cada participante poderá presentar unha ou varias fotografías ou unha ou varias montaxes de fotografías, que serán orixinais, únicas e inéditas. As fotografías deberán enviarse ao correo electrónico cidadanseuropeosengalicia2021@gmail.com acompañando o formulario de participación dende onde serán subidas de maneira automática á páxina de Facebook do concurso.
O Centro de información europea Europe Direct-Lugo, subvencionado pola Comisión Europea a través da súa representación en España, é o lugar desde o que se ofrece á cidadanía en xeral información sobre os proxectos europeos implementados polo Concello de Lugo, así como todas as cuestións que teñen relación coas institucións europeas.