Rubén Arroxo presenta as novas liñas á asociación de xubilados e pensionistas de Lugo

A asociación destacou a mellora no servizo que supuxo a reforma das liñas de bus urbano

A área de Mobilidade colabora coa asociación na promoción do uso da tarxeta cidadá

Luns, 21 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo presenta as novas liñas á asociación de xubilados e pensionistas de Lugo

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo xunto co edil de Infraestruturas, Alexandre Penas, mantiveron unha xuntanza con integrantes da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo para presentar as novas liñas de transporte urbano.

O Tenente Alcalde explicou que “as novas liñas melloran as conexións nas distintas zonas da cidade, aumentando as frecuencias e as zonas ás que chega o bus, ao que se une a posibilidade de facer transbordo con pouco tempo de espera, o que facilita chegar en bus urbano a todas as zonas da cidade”.

Desde a Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo, o presidente Julio Méndez valorou positivamente os cambios realizados no transporte público. Desde a asociación destacan a mellora no que supuxo para a veciñanza o novo modelo de transporte.

Desde a área de Mobilidade do Concello de Lugo estase a colaborar con esta asociación na promoción do uso da Tarxeta Cidadá. Rubén Arroxo lembrou que “a tarxeta permite aforrar ata un 50% no prezo do transporte urbano, e aproveitar as distintas bonificacións para pensionistas, estudantes, persoas con discapacidade ou persoas desempregadas”, e afirmou que “Lugo ten o transporte público máis barato do estado para as persoas xubiladas, cun custe de 31 céntimos por billete, e só 10 céntimos no transbordo”.

Audio

  • O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, sobre a xuntanza, sobre o bus urbano | Descargar mp3

Multimedia

  • Rubén Arroxo presenta as novas liñas á asociación de xubilados e pensionistas de Lugo

Noticias relacionadas