Ferreiro: "seguimos colaborando coas asociacións de Lugo cedendo espazos para que poidan desenvolver as súas actividades"
A gala contará con 7 humoristas e as entradas poderán adquirirse a través do portal kadelica.com a un prezo de 15€ con descontos para asociados a ASFEGA, e a 5€ a fila 0

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou, xunto con integrantes da Asociación de Enfermidades Metabólicas Hereditarias de Galiza, ASFEGA, a gala de humoristas que terá lugar o vindeiro 6 de setembro no Auditorio Municipal Gustavo Freire.
Maite Ferreiro afirmou que desde a Tenencia de Alcaldía, "apoiamos as diversas propostas que nos fai chegar o o tecido asociativo da cidade", e destacou que "colaboramos nesta actividade para recaudar fondos organizada por ASFEGA".
A gala, que terá lugar o vindeiro 6 de setembro a partir das 19:00, contará con actuacións dos humoristas Carlos Blanco, Quico Cadaval, Lois Pérez, Laura La Montagne, Ángeles Goás, Tino Barros e Juan Meniño. As entradas poderán adquirirse a través do portal kadelica.com a un prezo de 15€ (8 para familiares de persoas afectadas e gratuíta para as persoas afectadas por enfermidades metabólicas hereditarias ), e a 5€ a fila 0.
ASFEGA destinará a recaudación ás persoas con enfermidades metabólicas, reducindo o custo de productos básicos como fariñas ou cereais.
ASFEGA nace en 1990 cando un grupo de pais, de toda Galiza, decide unirse para loitar contra as dificultades vinculadas ás enfermidades metabólicas hereditarias padecidas polos seus fillos. Anteriormente, este colectivo estaba moi desamparado porque ao ser enfermidades pouco habituais existía un descoñecemento total sobre os seus tratamentos, alimentación necesaria etc.
Audio
- Maite Ferreiro, sobre a gala solidaria a favor de ASFEGA | Descargar mp3

