As rúas luguesas acollen a décima edición do Street Market, a máis exitosa de todas

Venres, 07 de abril de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
As rúas luguesas acollen a décima edición do Street Market, a máis exitosa de todas

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, e a presidenta da Asociación de Autónomas de Lugo, Marta López, visitaron este mediodía os postos da décima edición do mercado comercio na rúa Street Market, organizado pola Asociación de Autónomas coa colaboración do Concello e a Deputación. A esta visita tamén se sumou a ex-presidenta deste colectivo e impulsora desta iniciativa, Nora Real, e o Presidente da Federación de Comercio, José María Seijas.

Nesta edición, a máis exitosa de todas, participan un cento de comercios da cidade, que ofertan ata o 80% de descontos en artigos de todos os sectores ao longo deste venres. A xornada comercial desenvolverase ata as 21:00 horas e nela danse cita unha ampla representación do comercio de proximidade de Lugo: textil, calzado, regalo, fogar, xoiería, peletería, decoración, eventos, mercería, perfumes, deporte, herboristería e golosinas, entre outros.

Multimedia

  • As rúas luguesas acollen a décima edición do Street Market, a máis exitosa de todas

Noticias relacionadas