Remata en Soñar o ciclo de charlas médicas

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Muller e Benestar Social remata mañá, venres, un ciclo de charlas médicas que, baixo o título Sanidade na terceira idade, organizado xunto ao Servicio Galego de Saúde nas distintas parroquias e barrios de Lugo. O ciclo remata na parroquia de Soñar, ás seis da tarde do venres.

Esta iniciativa obedece ao convenio de colaboración asinado entre o Concello, o Sergas e o Colexio Oficial de Enfermeiría de Lugo para levar a cabo unha serie de accións formativas relacionadas coa saúde. Neste ciclo visitaron un total de 13 lugares, entre barrios e parroquias, aproveitando os centros sociais e locais de asociacións.

As charlas tiveron a función de dar cobertura informativa a todos os lucenses sobre temas de gran interese para a población como son as enfermidades que afectan á terceira idade. Estas ponencias estiveron impartidas por profesionais especializados en mediciña xeriátrica e abordaron temas relacionados coa saúde dos maiores dende a perspectiva da prevención (para fomentar hábitos saudables de dieta, exercicio físico e hixiene) e da enfermidade, ofrecendo información sobre as afeccións típicas como demencias ou alzheimer. Outras materias das que se informou foron o uso adecuado dos medicamentos ou a saúde da muller.

As conferencias foron totalmente gratuítas e abertas á participación do público asistente co fin de ofrecer a oportunidade de plantexar as súas dúbidas e comentarios sobre estes temas aos expertos.

Dende o Concello o que se busca ao desenvolver este tipo de actividades é satisfacer unha demanda dos ciudadanos cada vez máis concienciados da necesidade de adoptar hábitos saudables e de previr enfermidades.

Cando finalicen as distintas accións formativas contempladas neste convenio de colaboración, as institucións participantes editarán unha publicación coa escolma dos contidos abordados ao longo das actividades desenvolvidas.

Noticias relacionadas