As probas para a cobertura de 12 prazas de bombeiro arrancan o luns

Coas ofertas públicas de emprego aprobadas polo Goberno aumentarán a 50 os efectivos en dous meses

Xoves, 28 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

As probas de acceso en propiedade a 12 prazas de bombeiro conductor incluídas nas ofertas públicas de emprego que sacou adiante o Goberno de Lugo cos sindicatos na Mesa Xeral de Negociación arrancarán o vindeiro luns, 4 de marzo, coa previsión de que o proceso remate en dous meses.

Con estas 12 prazas, os efectivos do parque de bombeiros pasarán dos 38 actuais a 44 (dado que seis das prazas que saen agora a oposición están xa cubertas por interinos), un número que subirá a 50, esto é un 25% con respecto á actual plantilla, coa cobertura das 6 prazas restantes previstas nas ofertas públicas de emprego. Estes 6 postos cubriranse de maneira interina cos suplentes que queden na lista resultante do proceso selectivo que está en marcha nada máis que este termine.

Este é un paso máis do Goberno no marco do seu obxectivo de reforzar e incrementar o persoal das distintas áreas municipais, e máis cando se trata dun servizo tan imprescindible como o de extinción de incendios de Lugo.

O tribunal cualificador, formado por un presidente, tres vogais, e a vicesecretaria e o secretario do Concello, constituirase mañá e o primeiro exercizo terá lugar o luns, a partir das 9.00 horas, nas pistas de atletismo municipais Gregorio Pérez Rivero, no complexo das Pedreiras. A lista definitiva de aspirantes está formada por 257 persoas.

Noticias relacionadas