Presentado "nun lugar histórico, o Vello Cárcere" o libro Réquiem, da luguesa Dolores Seijas, "unha novela histórica"

Lara Méndez foi a encargada de inaugurar o acto de presentación desta publicación, que segundo a propia autora "fala da dor dos xudíos e polacos", e dos acontecementos que derrocaron o comunismo en Polonia

Mércores, 07 de febreiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Presentado "nun lugar histórico, o Vello Cárcere" o libro Réquiem, da luguesa Dolores Seijas, "unha novela histórica"

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, inaugurou este mércores o acto de presentación da obra Réquiem, da luguesa María Dolores Seijas Soto, "unha novela histórica, que hoxe presentamos nun lugar histórico, o Vello Cárcere". No acto, celebrado nun ateigado auditorio, ademais da propia autora, tamén estivo presente o xornalista Ernesto Sánchez Pombo e catedrático de histoira da pedagoxía da USC, Eugenio Otero.

Na presentación, Méndez agradeceu a Seijas a oportunidade que ofrece aos lectores de compartir unha viaxe, chea de emocións, á historia de Polonia. Así mesmo, fixo fincapé no lugar escollido para a presentación, o Vello Cárcere, que igual que Réquiem foi testemuña de dor e sufrimento.

Réquiem trátase dunha novela, que segundo a propia autora, "fala da dor dos xudíos polacos e palestinos". É a segunda obra de Seijas, tras a publicación de El maestro de Zaín. A orixe da publicación está nunha visita que a autora fixo a Polonia, no que foi invitada a un concerto ao aire libre no que se interpreta Réquiem, de Mozart. Despois volveu ao país diversas veces, interesándose pola súa historia. A escritora relacionou a experiencia musical e esta historia (particularmente o asasinato de 1.681 xuídos nun pobo ao sur do territorio polaco, en Jedwabne), para falar dos acontecementos que derrocaron o comunismo en Polonia e sobre o conflicto entre palestinos e israelíes.

A novela, polo tanto, guíase polo Réquiem de Mozart, que actúa como columna vertebral, pois as personaxes -unha bailarina de ballet e un periodista- xurden desa peza e as súas existencias, flúen por este cauce musical.

Noticias relacionadas