Presentado no Concello un programa de axuda do Fondo Galego de Cooperación en Honduras

Mércores, 14 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Representantes de Solidariedade Internacional ofreceron hoxe ante os medios de comunicación un resumo das actuacións que se están levando a cabo no municipio indíxena hondureño de Basalte, a cargo do Fondo Galego de Cooperación.

María Paz, de Solidariedade Internacional de Galicia, e Juan Alberto Castillo, representante da mesma organización en Honduras, acompañados de Carmen Basadre, Concelleira de Muller e Benestar Social presentaron o plan de Mejora Integral de las Condiciones de vida en las comunidades del municipio de Balsate, que se está desenvolver en esta zona. Trátase dunha poboación desenvolvida e con un alto índice de malaria provocada polas numerosas inundacións que teñen lugar.

Os fondos estanse utilizando para a capacitación, equipamento e fortalecemento das institucións e da educación nesta comunidade indíxena que, como explicou Juan Alberto Castillo, "está perdiendo su identidad cultural".

O Concello de Lugo, segundo explicou a Concelleira, está a participar no Fondo Galego de Cooperación cunha aportación económica e o seu apoio.

Os dous representantes de Solidariedade Internacional están a desenvolver unha serie de charlas nos centros educativos e de ensino para dar a coñecer a súa labor de cooperación.

Noticias relacionadas