- Tema
A inauguración das xornadas terá lugar o 29 de maio ás 20.00 horas coa Orquestra de Frautas de Galicia no Centro de Convivencia Fingoi
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, participou esta mañá na presentación das XII Xornadas Artes Escénicas de Fingoi 2011 que tivo lugar no Centro de Convivencia de Fingoi. No acto de presentación, no que os alumnos e alumnas da Aula de Teatro da Escola Arte e Lecer Fingoi, representaron unha performance, tamén estiveron presentes o Vicepresidente da Deputación Provicial, Antón Bao, a Directora do Colexio Fingoi, Siña Fernández, e a responsable de Palimoco, Paloma Lugilde.
A inauguración das xornadas terá lugar o domingo 29 de maio ás 20.00 horas coa representación dun conto musicado a cargo da Orquestra de Frautas de Galicia. A cita será no Centro de Convivencia de Fingoi. En total participarán 26 grupos que levarán a cabo 26 representacións, contando este ano coa participación, por primeira vez, do módulo VI do Centro Penitenciario de Teixeiro. Participarán 578 alumnos cos respectivos directores, profesores, guionistas…
Xornadas Artes Escénicas Fingoi e Mosaico Teatral
Hai 12 anos que as artes escénicas nas diferentes disciplinas dánse a man nestas Xornadas. Fai 12 anos facían os dous sendas mostras: por un lado o Concello de Lugo, Centro de Convivencia Fingoi, Animación Sociocultural e por outro o Colexio Fingoi, ata que se decataron que na unión está a forza e o bo facer, e crearon dende hai xa 9 anos a conxunción das Xornadas.
O ano pasado deuse un paso fundamental no respectivo á convivencia pois cada día se unen diferentes grupos e coñecen e intercambian experiencias. Este ano, e como novidade cabe destacar o Moisaico Teatral, un encontro no que ademáis de amosar 3 grupos da provincia o seu traballo, crearan baixo guión de Palimoco e Talleres no que participaran todos un desfile de dereitos humanos pola Praza Maior celebrando o 25 anversario da sección de Amnistia Internacional.
Programación XII Xornadas Artes Escénicas Fingoi 2011
Inauguración: 29 de maio ás 20.00 horas coa Orquestra de Frautas de Galicia no Centro de Convivencia Fingoi. Conto musicado: Músicas do mundo.
31 de Maio
10:30 |
La Merced Sarria |
Sueño de una Noche de Verano Shakespeare |
Participantes 9 |
Público ESO |
60 min |
12:00 |
Aula de Teatro Escola Arte e Lecer Fingoi Lugo |
Os Vellos non deben namorarse Castelao |
40 |
3º ciclo Primaria ESO |
60 min |
13:15 |
UTE Teixeiro Coruña |
Sobrevivir |
10 |
Eso bac |
60 min |
17:00 |
Aula de Teatro Vedra Coruña |
Utopía 94 Iolanda Rodríguez e Afonso García |
34 |
3º ciclo Primaria ESO BAC |
70 min |
18:30 |
La Merced Sarria |
A Vuestro Gusto Shakespeare |
19 |
ESO |
50 min |
20:30 |
Teatro Adultos Escola Arte e Lecer Fingoi Lugo |
Vivir Varios autores |
8 |
ESO BAC |
60 min |
1 de Xuño
10:00 |
6º e.p Colexio Fingoi |
En ruinas? |
Participantes 25 |
1º e 5º E.P |
40 min |
12:30 |
Lusco e Fusco . IES Ramón Menéndez Pidal A Coruña |
Los ladrones somos gente honrada |
16 |
ESO |
60 min |
18:00 |
Vagalume Escénica Leiras Pulpeiro Lugo |
Blue Island (Un lugar axeitado para ladróns) Creación Propia |
17 |
BAC |
60 min |
19:30 |
Teatro Solidario As Insuas Muros A Coruña |
O Nobelo |
14 |
2 de Xuño
10:30 |
3º e.p Colexio Fingoi Lugo |
Peter Pan James M. Barrie |
Participantes 20 |
EP |
40 min |
12:30 |
Infantil da Biblioteca Municipal Antas de Ulla Lugo |
Contos |
23 |
INFANTIL |
40 min |
16:30 |
Obradoiro de Teatro Infantil Arlequino Centro de Convivencia Maruja Mallo Lugo |
Ying-Yang Creación Propia |
12 |
INFANTIL |
25 min |
17:00 |
Obradoiro de Teatro Infantil Traledelle Centro de Convivencia Milagrosa Lugo |
A outra historia de Caperuchiña Vermella |
11 |
TODOS OS PÚBLICOS |
25 MIN |
18:30 |
Teatro con cachelos CEIP Anexa Lugo |
O rei cintolo |
17 |
ESO |
30 MIN |
3 de Xuño
10:00 |
5º e.p Colexio Fingoi Lugo |
Conto de Nadal Dickens |
Participantes 25 |
EP |
40 min |
11:30 |
Armonia de los girasoles Hospital San Jose Lugo |
Pepiño na leira de Palas |
14 |
INFANTIL |
60 min |
13:00 |
Superespeciais.com IES Campo San Alberto Noia Coruña |
O vello ciumento Cervantes |
7 |
Todos os públicos |
15 min |
16:30 |
Pinchacarneiro Lugo |
Médico a palos Moliere |
14 |
TODOS OS PÚBLICOS |
60 min |
11 de Xuño
17:30 |
Aula de danza da Escola Arte e Lecer Fingoi CEMU Fingoi Orquesta de Ribadeo |
O Quixote e a Sinfonia dos xoguetes |
Participantes 60 |
Todos os públicos |
60 min |
1º MOSAICO TEATRAL 11 -12 XUÑO
11 xuño- Xardíns da Deputación Lugo
19:00 Recepción Participantes
20:00 Grupo da Biblioteca Municipal Antas de Ulla. Lugo
O Achado do Castro
22 participantes
21:30 horas
3º da ESO CPI de Castroverde Lugo
O xuíz dos divorcios
8 participantes
22:30 horas
Aula de Teatro da Escola Arte e Lecer Fingoi. Lugo
Os Miserables
Durmida no Colexio Fingoi
12 de xuño
11:00 Obradoiros – Colexio Fingoi
Obradoiros teatrais cos actores profesionais de Palimoco cara á creación do desfile de dereitos humanos. Dirixe Paloma Lugilde Asistente de dirección: Paula Buján
18:00 Desfile de dereitos humáns Praza Maior
CONTINúAN AS XXAAEE
13 Xuño
Soño. Adaptación da obra de Shakespeare pola Aula de Teatro da Escola Arte e Lecer Fingoi na Praza de Santa María ás 20:30 horas.
14 Xuño
Clausura das XXAAEE coa proxección de Curtocinefingoi ás 12:00 horas no Salón de Actos do Centro de Convivencia Fingoi.
A asistencia ás actuacións/representacións é libre. Non obstante todos aqueles grupos de nenas/os, rapazas/rapaces, etc que queiran asistir como espectadores deberán cubrir a seguinte:
FICHA DE ASISTENCIA
Nome do Centro educativo, etc:
Obra a que queren asistir:
Día:
Hora:
Número de Asistentes:
Nome/tfno. da persoa de contacto:
Remitir antes do 25 de maio a correo: palimocoteatro@hotmail.com/.
Telf.: 982221630
Información: Centro de Convivencia Fingoi. Teléfono: 982 297455
Correo e: mariafe.rodriguez@concellodelugo.org
Colexio Fingoi: Teléfono: 982 221630