- Tema
Martes, 17 de xaneiro de 2012
Fonte:
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo organiza a presentación do libro “El ilímite del potencial humano”, de Iago Santalla e Manuel Rivero, que terá lugar o vindeiro día 23 de xaneiro, ás 18.00 horas, no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra.
O acto, organizado pola Concellería de Servizos Sociais e Cogami-Lugo, forma parte das actividades que programou o Concello para conmemorar o Día Europeo e Internacional das Persoas con Discapacidade, celebrado o pasado mes de decembro.