A Praza de Abastos acende este venres a súa iluminación de Nadal

O acto comezará ás 19 horas, e contará coa actuación do Coro Infantil da Asociación da Banda Filharmónica de Lugo

A área de participación aposta polo comercio local “para facelo dinamizador do centro da cidade”

 
Mércores, 20 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Praza de Abastos acende este venres a súa iluminación de Nadal

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, acudiron hoxe á Praza de Abastos onde convidaron a ás praceiras e praceiros ao acto de acendido da iluminación de Nadal da Praza de Abastos. López indicou que “a novidade deste ano é que contaremos coa actuación do Coro Infantil da Asociación da Banda Filharmónica de Lugo, que representará o inicio do Nadal”.

“Dende a área de participación queremos animar a toda a veciñanza de Lugo a que realice as súas compras nos comercios locais e de proximidade, para facelos dinamizadores do centro da nosa cidade”, indicou Cristina López, que convidou tamén “a todas as veciñas e veciños de Lugo a asistir a este acto de acendido de luces, que da comezo á campaña de Nadal no Concello”.

Segundo declarou Cristina López, a iluminación da praza entra, xunto co resto da iluminación da cidade e as actividades de Nadal que se anunciarán proximamente, dentro da programación de Nadal do Concello, que ten como un dos seus obxectivos “dinamizar o centro da cidade e aumentar as visitas ao Mercado Municipal e á Praza de Abastos”.

Noticias relacionadas