Paula Alvarellos recibe á nova directiva do Consello Xeral de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da provincia

O labor do COSITAL é fundamental para garantir que a xestión pública sexa rigorosa e estea ao servizo dos veciños e veciñas de Lugo", afirmou a rexedora.

 
Luns, 28 de outubro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos recibe á nova directiva do Consello Xeral de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da provincia

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, mantivo hoxe un encontro na Casa do Concello coa nova directiva do Consello Xeral de Secretarios, Interventores e Tesoureiros, encabezada por José Antonio Mourelle Cillero como presidente, acompañado por Alejandro Maseda Mallo (vicepresidente), David Criado Taboada (secretario), Rosa Abelleira Fernández (interventora), Juan Hernando Rosa Ruiz (vogal-delegado), Sandra Díaz Álvarez (tesoureira) e Carolina Isabel Fernández (vogal-vicesecretaria). Durante o encontro, a rexedora destacou a función esencial deste colectivo para o bo funcionamento da administración local e subliñou o seu compromiso para apoiar a súa labor na provincia: “O Consello representa o rigor e a transparencia imprescindibles nas administracións públicas; para nós, son socios clave na protección dos dereitos da cidadanía”.

Aproveitando a visita, o Consello Xeral fixo entrega a Alvarellos da súa insignia institucional como mostra da colaboración entre ambas entidades. A alcaldesa destacou tamén a relevancia histórica do Consello na modernización dos Concellos galegos: “O traballo destes profesionais non só fortalece a nosa xestión, senón que permite ofrecer aos veciños e veciñas servizos de calidade que melloran a súa vida día a día”.

Multimedia

  • Paula Alvarellos recibe á nova directiva do Consello Xeral de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da provincia

Noticias relacionadas