Paula Alvarellos recibe no Concello ás integrantes de Star Dance, campioas de España de hip hop

A concelleira deu a noraboa aos membros da escola de danza lucense que se alzaron co primeiro posto no Nacional celebrado na localidade de Narón.

“É un orgullo ter unhas embaixadoras coma vós, pois contribuídes a dar a coñecer o noso municipio e situalo como un referente no ámbito deportivo”, apuntou.

Luns, 04 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos recibe no Concello ás integrantes de Star Dance, campioas de España de hip hop

A tenenta de alcaldesa e edil de Gobernanza, Paula Alvarellos, recibiu este luns ás compoñentes do equipo Firefeathers, da escola de danza lucense Star Dance, recentemente proclamadas campioas de España de hip hop. O grupo, formado por oito bailarinas de entre 14 e 16 anos, e os adestradores Rubén Díaz, Héctor Díaz e Pepa Daviña, alzouse co primeiro posto da competición nacional celebrada na localidade de Narón.

Paula Alvarellos quixo trasladar os seus parabéns en nome da alcaldesa, Lara Méndez, -que por motivos de axenda non puido participar, ao atoparse na Comisión Executiva do Eixo en Maia- e de toda a corporación “polo éxito acadado, froito do esforzo continuo e diario das integrantes do equipo e, tamén, do apoio dos pais e nais que as acompañan a cada entrenamento e competición, así como do bo facer dos adestradores”.

A concelleira subliñou que “é un orgullo para a cidade ter unhas embaixadoras coma vós pois, xunto con outros grandes deportistas de Lugo, contribuídes a dar a coñecer o noso municipio e situalo no mapa como un referente no ámbito deportivo”.

Multimedia

  • Paula Alvarellos recibe no Concello ás integrantes de Star Dance, campioas de España de hip hop
  • Paula Alvarellos recibe no Concello ás integrantes de Star Dance, campioas de España de hip hop

Noticias relacionadas