Paula Alvarellos destaca o labor dos guías turísticos na promoción e divulgación da riqueza patrimonial e cultural do municipio

Venres, 21 de febreiro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos destaca o labor dos guías turísticos na promoción e divulgación da riqueza patrimonial e cultural do municipio

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, mantivo un encontro este venres con representantes da Asociación Profesional de Guías Turísticos de Galicia con motivo do Día Internacional do Guía de Turismo. Durante o mesmo, a rexedora trasladoulles o seu agradecemento polo labor que desempeñan na promoción e divulgación da riqueza patrimonial e cultural do municipio.

Alvarellos destacou que os guías turísticos son os mellores embaixadores de Lugo, xa que a través do seu traballo permiten que visitantes e veciños descubran a historia, os monumentos e as tradicións da cidade. "O voso coñecemento e dedicación contribúe a fortalecer a identidade de Lugo e a facer que cada visitante leve consigo unha experiencia enriquecedora e memorable", apuntou.

O Concello reafirma así o seu compromiso co sector turístico, recoñecendo o papel fundamental que xogan os profesionais deste sector na dinamización económica e social da cidade. Neste senso, a alcaldesa mostrou a súa disposición a seguir colaborando con este colectivo para impulsar novas iniciativas que potencien o atractivo turístico de Lugo.

 

Multimedia

  • Paula Alvarellos destaca o labor dos guías turísticos na promoción e divulgación da riqueza patrimonial e cultural do municipio

Noticias relacionadas