Os veciños do Sagrado Corazón poderán consultar a lista de empresas interesadas na rehabilitación das casas do barrio

Luns, 12 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, a través de Evislusa, abrirá unha lista para que se inscriban as empresas e os profesionais interesados na rehabilitación das casas do Sagrado Corazón. Estes empresarios poderán deixar os seus datos de contacto a partir deste mércores, 20 de setembro, nas oficinas de Evislusa entre as 9:00 e as 13:30 horas de luns a venres. Alí tamén poderán consultar os anteproxectos das obras.

A listaxe estará aberta indefinidamente e actualizarase cada semana na páxina web municipal, www.lugo.es, nas dependencias de Evislusa e no Centro Social do Sagrado Corazón. Esta iniciativa servirá para que os veciños do Sagrado Corazón poidan consultar esta lista e atopen, dun xeito fácil e sen necesidade de búsqueda, as empresas e os profesionais aos que solicitarlles presupostos para as obras de restauración das súas vivendas.

O pasado 7 de setembro o Alcalde, José López Orozco, mantivo unha xuntanza cos veciños do Sagrado Corazón para explicarlles de primeira man o proxecto de rehabilitación integral do barrio. A reunión superou todas as expectativas de xente e foi preciso trasladala do Centro Social ao Salón de Actos do colexio.

O feito de que o Ministerio de Vivenda concederá a declaración de Área de Rehabilitación Integral (ARI) supón que o Ministerio de Vivenda e a Consellería destinarán un orzamento de 3.825.000 euros para subvencionar obras de rehabilitación que poderán afectar a fachadas, cambios de cubertas, obras en interiores das casas, instalación de ascensores.

Os veciños poderán optar a subvencións de ata o 80% do custe das obras, o 20% restante correrá ó seu cargo.

O Concello, dando un paso máis para facilitar ós vecinos a rehabilitación, está negociando con diversas entidades bancarias, un convenio para que os veciños que o desexen poidan acollerse a uns plans de financiación cuns xuros e prazos especiais.

Así mesmo, co fin de facilitarlles aos veciños a búsqueda das empresas e dos profesionais para a rehabilitación das súas vivendas abre esta lista a petición de moitos veciños que solicitaron este tipo de axuda en Evislusa.

As principais actuacións desta ambiciosa rehabilitación son:

1.- Colocación de 23 ascensores no exterior dos edificios que comunicarán coas plantas a través de pasarelas. Serán básicos para unha poboación envellecida, cunha considerable taxa de persoas discapacitadas e terán unha estética innovadora.

2.- Creación de dous ascensores públicos que comunicarán o barrio coa cidade. Estarán en Carlos Azcárraga e na rúa Fontaneira (onde existen dúas escaleiras con case 50 escalóns cada unha).

3.- Pintura, limpeza e reparación de fachadas.

4.- Reparación de todas as cubertas e eliminación das actuais uralitas. As cubertas estarán preparadas para ser accesibles, poder acoller paneis solares –como indica o Código Técnico de Edificios- ou ser tendedeiros.

5.- Reposición de instalacións comunitarias hoxe obsoletas ou en mal estado.

Noticias relacionadas